- DECORA O ARCO DA VELLA -
Ola familias:
Propoñémosvos unha actividade para axudarvos a levar mellor esta corentena. Seguro que moitos de vós vistes o arco da vella que está a decorar moitas xanelas, verdade? Pois a nosa proposta é: deixámosvos unha plantilla(por se a queredes descargar) para que a fagades cos peques, debemos poñer:
- O voso nome.
- O slogan (“eu quedo na casa”).
- Unha palabra de ánimo(en galego)
- Facer o noso arco da vella sensorial; tacto, vista, gusto, olfacto, oído (como fixemos co adorno de Nadal), non teñen que estar todos os sentidos presentes.
Cando o teñades listo podedes mandarnos unha foto polo Facebook “E.E.I As Dunas” ou ao e-mail: audiylin@gmail.com.
Cando termine a corentena faremos unha exposición e montaremos un libro de recordo.
Que vos parece?
Animádesvos?
Moito Ánimo!!!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
sentindo o arco da vella.jpeg | 31.95 KB |