Novas  Galerías  Ligazons

Departamento coordinación, intervención e mediación

Dirección: Dona Elena Bazarra Rodríguez

Correo electrónico: cooeint@gmail.com

Ademáis das funcións que con carácter xeral determina a lei para os Directores/as de colexios residenciais, créase a necesidade dun novo Departamento de Coordinación, Intervención e Mediación, que responda as necesidades específicas, máis alá das de orientación académica ou laboral, específicas dun departamento de orientación de referencia, co que xa contan nos seus respectivos institutos de enseñanza secundaria.

Funcións específicas do Departamento de Coordinación, Intervención e Mediación.

– Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos educativos do Centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención do alumnado con necesidades educativas especiais.
– Participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.
– Facilitar ó alumnado o apoio e asesoramento necesarios para adquirir habilidades básicas de vida e enfrontar os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade (ingreso no Centro, cambio de ciclo, transición a vida profesional ou resolución de conflictos de relación interpersonal).
– Impulsar a participación dos/as membros dos equipos educativos en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos, toma de decisión e outros relacionados coseu ámbito de actuación.
– Promover a cooperación e participación das familias. Contacto periódico segundo as necesidades específicas do alumnado.
– Establecer canles de comunicación cos diferentes servizosouinstitucións no ámbito das súas competencias.
– Programar anualmente actividades de formación non académica (obradoiros monográficos para o desenvolvemento emocional, de conciencia social e igualdade de xénero.
– Programar anualmente actividades de promoción de hábitos saudables (en colaboración co equipo médico sanitario do Centro).
– Atención psicolóxica individualizada, requerida polos distintos equipos educativos ouservizo médico.
– Promocionar e divulgar os servizos e prestacións do Centro para dar a coñecer as súas posibilidades a un amplio rango de población.
– Coordinar a labor educativa dos distintos equipos docentes nassúasfunciónstutoriais, facilitando os medios necesarios para o seu efectivo desenvolvemento na competencia das súas funcións.
– Promover a convivencia e a resolución pacífica de conflictos no marco dun contexto plural: diagnose inicial, deseño do plan de mellora e desenvolvemento de accións para o seu logro.

Estas funcións do Departamento de Orientación, xunto coas que a lei determina, están orientadas as características específicas do alumnado do Centro Residencial Docente.