Novas  Galerías  Ligazons

Solidario

Tapóns Solidarios curso 2014/15

 

Durante o curso 2014/15 xuntaronse máis de 100 kilos de tapóns que se entregaron a SEUR  antes de comezo do novo curso. De novo, damos moitísimas grazas a todos aqueles que fixéchedes posible isto.

Colabora doando roupa, calzado, alimentos ou material escolar

Colabora co CRD doando material escolar, roupa, calzado e alimentos. A túa axuda é moi importante e pode salvar vidas. ¡Agardámoste!

 

Roupa Solidaria. Campaña 2015. Reparte, doa, colabora

 

Ata o 16 de marzo, na lavandería e punto solidario, iniciamos a campaña 2015 de roupa solidaria. Anímate a colaborar e doar a roupa que non necesites para aquela xente para a que lle resulta vital. ¡Contamos contigo!

Castaña Solidaria ¡Axuda cooperando!

 

Anótate no teu colexio para participar na recolleita de castañas destinadas a Institución Benéficas. ¡Colabora axudando! Co te esforzo pódese facer moito máis do que pensas.

 

Campaña 2014-2015 Tapones Solidario

 

 

Un ano máis, o CRD comprométese coa campaña "Tapones Solidarios", porque algo tan sinxelo como doar un tapón pode salvar unha vida e o planeta. 

Contamos con todos vos para superar a cantidade recolleita o ano pasado. O que a vos xa non vos sirve pode ser moi importante para outra persoa

 

 

 

¡Este ano entregamos 1364 litros de leite!

E unha honra para nos anunciar que este ano repartimos 1364 litros de leite entre Padre Rubinos, a Cociña Económica e o Banco de Alimentos. Moitas grazar por facer posible isto. E o vindeiro ano intentaremos acadar unha cifra mais alta.

 

Entregados 600 litros de leite para o banco de alimentos

Entrega Solidaria

O mércores 4 de xuño do 2014, fíxose entrega, por parte do Centro Residencial Docente, de aproximadamente 200 Kgs de alimentos á Cociña Económica.

Torta Solidaria

Con motivo do 50 aniversario da Universidade Laboral, o alumnado do Centro Residencial Docente elaborou no obradoiro de respostería, unha Torta Solidaria para acompañar a presentación do libro "SULEIMÁN E SALÚA" de Ali Ali, pintor que restaurou o mural da entrada que comparten o IES e o CRD.

Roupa solidaria

Operación Kilo 2013

Tal como estaba previsto, antes do Nadal,  do 28 de novembro  ata o 12 de decembro fíxose unha recolleita de alimentos de primeira necesidad para o Banco de Alimentos. Alcanzouse preto dunha tonelada de alimentos. Hai que destacar  a importante colaboración da empresa Serunión.

Distribuir contido