Novas  Galerías  Ligazons

Os nosos valores

A Dirección do CRD, sempre tivo en mente o tratar de aportar algo máis, fóra do ámbito que ten como Centro Residencial Docente.  Sempre mantendo a idea de que ao proxecto como centro lle faltaba algo e sabendo que contamos con un gran valor engadido que é o noso “potencial humano”; foi así como xurdiu a idea de poñernos a traballar neste labor solidario e que demos en denominar xenéricamente “O CRD Solidario”.

 

 

Tanto a Dirección do CRD, como o resto do persoal , sempre tivo unha especial sensibilidade en pro de colaborar con certas Institucións que poideran precisar de algún tipo de axuda.

Neste curso 2013-2014, puxémonos en marcha e fíxéronse contactos con algunhas Institucións de cara a traballar con elas, prolongandoo para vindeiros anos, ademáis das propias que levará a cabo a Residencia.

Un dos centros cos que se mantiveron reunións foi con “Banco de alimentos”. Nunha reunión mantida con un dos seus responsables , acordóuse o establecer unha colaboración coa entidade, tanto con iniciativas levadas a cabo no propio centro, como a posibilidade de contar con unha rede de voluntariado na residencia para necesidades da propia institución.

 

 

Os obxetivos xerais que se pretenden conseguir son os de desenvolver distintas accións , enfocadas a prestar axuda a aquelas Institucións Benéficas que o demanden en cada momento. Así como a de reforzar valores de solidariedade, voluntariado,etc, tanto entre o noso alumnado, como no persoal do centro.

Actualmente estamos a colaborar coas seguintes  Institucións:

- Banco de Alimentos

- Caixón Solidario

- Cociña Económica

- Sor Eusebia

- Padre Rubinos

- ACCEM  (ONG)

- AVAN (ONG)

- Mundo Cooperante (ONG)

Contamos tamén no CRD cun grupo de voluntarios, tanto de alumnado, como de persoal , para participar nas campañas anuais que se realizan fóra da residencia.

Outra das accións previstas a partir deste curso e a organización de Talleres Solidarios. A recaudación dos donativos obtida cos  productos elaborados nos distintos talleres, iría destinada as  Institucións coas que colaboramos.