Comeza o prazo para formalizar a matrícula no CRA!
Dende o 20 ata o 30 de xuño, poderase matricular ao alumnado admitido no proceso de admisión no curso 2022-2023.
Os días 20, 21 e 22 de xuño, pódese facer entrega da documentación en calquera das tres escolas en horario de 9:30h. a 14:30h.
Dende o día 23 ata o 30 de xuño, poderase entregar a documentación na sede do CRA (Escola de Taraza), en horario de 10:00h. a 13:00h, excepto o 24 de xuño por ser festivo.
A documentación necesaria é:
- Formulario de matrícula cuberto.
- Tarxeta sanitaria do alumno/a.
- Fotocopia do libro de familia.
- DNI dos proxenitores/as e do alumno/a, de ser o caso.
- Declaración xurada da patria potestade no caso de separación ou divorcio.
- 2 fotos do alumno/a.
*A documentación que xa fose entregada no proceso de admisión non fai falta volver a entregala.