Festivo

16/09/2024 09:30
16/09/2024 14:30
Europe/Madrid

Comezo de curso

11/09/2024 09:30
11/09/2024 14:30
Europe/Madrid

O momento chegou! Mañá 11 de setembro, damos a benvida a un novo curso escolar no Colexio Rural Agrupado de Oroso.  Estamos cheas de entusiasmo por ver aos nosos nenos e nenas regresar cun sorriso radiante, listos para aprender e medrar xuntas e xuntos. Queremos darlle a benvida a todo o alumnado novo que se incorpora as nosas escolar. O equipo docente está preparado e emocionado para comezar este curso traballando en equipo, con moitas ganas de compartir coñecementos e experiencias inesquecibles.  Agradecemos de corazón a todas as familias por confiar en nós unha vez máis. Imos a por un ano escolar cheo de aventuras e logros!

 

 

Volta ao CRA de Oroso

Benvidas e benvidos ao curso escolar 2024-2025 no Colexio Rural Agrupado de Oroso!

 

Queridas familias, profesorado, alumnado e toda a comunidade educativa: énchenos de alegría darvos a benvida a un novo ano cheo de aprendizaxes, experiencias e momentos inesquecibles. Este curso bríndanos a oportunidade de retomar con forza o camiño do coñecemento, de descubrir novas paixóns e de medrar, nunha contorna no que cada día é unha aventura.

 

O colexio prepárase con entusiasmo para recibir aos cativos e cativas, sabendo que cada un de vós é unha peza crave nesta comunidade. Ás familias, agradecémosvos o voso apoio e colaboración, fundamentais para construír o futuro das nosas crianzas. Ao noso equipo docente, grazas pola vosa dedicación, por acender a faísca do saber e acompañar a cada neno e nena no seu desenvolvemento integral. E como non a toda a comunidade educativa que nos apoia e axuda a medrar.

 

Este curso, queremos seguir apostando pola creatividade, a curiosidade e o espírito de colaboración que nos caracteriza. Queremos que cada escola sexa un espazo onde se cultiven non só os coñecementos académicos, senón tamén os valores que nos unen como comunidade. Queremos que cada recuncho do CRA sexa un lugar onde reine a amizade, o respecto e o esforzo compartido.

 

O Colexio Rural Agrupado de Oroso está preparado para enfrontar con ilusión e compromiso os retos que este novo curso preséntanos. Sabemos que colaborando, podemos facer que este ano sexa verdadeiramente especial.

 

Que comece a aventura do curso 2024-2025! Estamos seguras de que será un ano cheo de éxitos, aprendizaxes e, sobre todo, de moitos momentos felices.

 

Ánimo e forza todos e todas!

 

Libro de texto Curso 2024 - 2025

Clica para descargar o listado de libros:

 

Clica na imaxe para descargar o listado

Saída escolar de fin de curso

Unha saída de fin de curso espectacular!

Os alumnos e alumnas do Colexio Rural Agrupado de Oroso viviron unha experiencia máxica na escola de circo "Circo 9". Dende o primeiro momento, quedaron marabillados co mundo do circo, aprendendo habilidades incribles e descubrindo a súa paixón por esta arte tan especial. 

Non só se divertiron moito, senón que tamén desenvolveron destrezas que lles serán útiles para toda a vida: equilibrio, coordinación, traballo en equipo e confianza en si mesmos e mesmas. Ademais, as familias decatáronse co moito que gozaron e aprenderon as súas cativas e cativos. 

O circo é un mundo fascinante cheo de maxia e talento,e estamos moi felices de compartir esta experiencia inesquecible! 

Unha cousa importante non esquezades que esta semana están de portasabertas Non esquezades acudir, tedes que apuntavos. E o sábado teñen a gran gala de solsticio de verán, conta con vós!

 

 

Martes de formación

Incrible xornada de formación sobre Disciplina Positiva! 

 

As familias do CRA de Oroso tiveron a oportunidade de aprender da man de Marián Cobelas como corrixir comportamentos desde o afecto e a empatía.

 

Nesta sesión práctica, Marián ensinounos a establecer vínculos emocionais cos nosos fillos e fillas para que comprendan que corrixir non é rexeitar, senón unha oportunidade para medrar e mellorar. 

 

Non te perdas máis formacións e súmate a esta comunidade de aprendizaxe. 

 

 

Formación sobre disciplina positiva

04/06/2024 16:30
04/06/2024 18:30
Europe/Madrid

Visita ao CEIPP de Sigüeiro

30/05/2024 09:45
30/05/2024 14:45
Europe/Madrid

Hoxe ímonos de visita! Queremos dar o noso agradecemento a esta sinxela acollida do alumnado para o vindeiro curso. Grazas.

María da Pontragha e Miguelón Paz no CRA de Oroso. Contos co vento.

Qué día tan máxico vivimos no Colexio Rural Agrupado de Oroso! 

 

María da Pontragha e Miguelón Paz, duas persoas moi talentosas, mergulláronos nun mundo de contos sobre o vento e os seus encantos. 

 

 Foi unha experiencia maravillosa que reuniu a o noso alumnado, irmás, irmáns, avoas, avós, nais, pais e persoas vinculadas á escola. 

 

A ledicia e a emoción respirábase no ar. Quedamos con ganas de máis e esperamos ver a estos incribles narradores novamente moi pronto. 

 

Grazas a todas e todos por facer deste evento un éxito! Vémonos na próxima aventura da Pingüibiblio!

 

Festa despedida da Pingüibiblio en Vilarromarís; curso 2023 - 2024

28/05/2024 17:00
28/05/2024 18:30
Europe/Madrid


 

Ola familias do CRA de Oroso!

 

Temos unha nova que non vos podedes perder!

 

O próximo 28 de maio, na Pingüibiblio en Vilarromarís, celebramos a despedida das actividades de bibliotecas feitas na sede e facémolo dunha maneira moi especial: cunha máxica sesión de contacontos ao aire libre!

 

Data: 28 de maio

Hora: de 17:00 a 18:30

Lugar: No campo da festa de Vilarromarís, sempre que o tempo o permita. Senón poidera ser alí avisaríase da nova ubicación.

 

Comprácenos anunciar que contaremos coa presenza dunha contacontos espectacular e marabillosa, mostraranos con paixón historias de aventuras e fantasía convértena nunha narradora única. Os seus contos están cheos de ilusión e encanto, e estamos seguras de que tanto nenas e nenos como as persoas adultas quedarán engaiolados pola súa arte.

 

Esta actividade non só é unha oportunidade única para gozar dun evento cultural enriquecedor en familia, senón tamén unha maneira perfecta de pechar o ano escolar cunha experiencia inesquecible. Queremos que todos e todas se sintan parte desta celebración, compartindo a maxia dos contos nunha contorna natural que potenciará aínda máis a beleza das narracións.

 

Por que non poden faltar?

 

Unha ocasión irrepetible: A nosa contacontos ten unha habilidade especial para transportarnos a mundos marabillosos. Perderse esta oportunidade sería como deixar pasar un tren cara a un mundo de fantasía.

 

Conectar coa natureza: Se o clima o permite, gozaremos dos contos ao aire libre. Unha experiencia que enriquecerá os sentidos e fomentará o amor pola contorna rural.

 

Despedida do ano escolar na Pingüibiblio da sede: Queremos que esta xornada sexa un bonito recordo de fin de curso, celebrando todo o aprendido e vivido durante o ano.

 

Fomento da lectura: Os contos non só entreteñen, senón que tamén inspiran á lectura e á aprendizaxe. Esta actividade é unha excelente maneira de motivar aos nosos pequenos e pequenas a seguir explorando o marabilloso mundo dos libros.

 

Non deixedes pasar esta oportunidade única de gozar en familia e comunidade dunha actividade que promete ser máxica e memorable. Estamos a desexar vervos por alí!

 

Non faltedes! A maxia dos contos espéranos.

 

Con agarimo,

O equipo do CRA de Oroso

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013