Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
17
| 18
Comezo:18/09/2018 09:00
Final:18/09/2018 14:00
No novo curso que comezamos propuxémonos coñecer máis o entorno que nos rodea, e imos poñer en marcha un proxecto con esa temática. Por iso, e para comezar, decidimos facer unha saída para coñecer as diferentes árbores que nos rodean, aprender o seu nome, como son as súas follas... e para elo, Xoel e seu pai ofrecéronse voluntarios para explicarnos todo con moito detalle. Unha vez que voltamos para a aula e xa sabíamos algunha cousa sobre as diferentes árbores, Xoel e seu pai fixeronnos unha exposición sobre o trigo, o carballo, o piñeiro e o castiñeiro, onde os nenos e nenas poideron facer moitas preguntas e aprender cousas que non sabían. | 19
Comezo:19/09/2018 09:00
Final:19/09/2018 14:00
Ós nenos e nenas de Novás gústalles coñecer as diferentes árbores pero tamén lles gusta moito a hora da merenda, polo que nos puxemos mans á obra para combinar as dúas cousas. Coñecemimos como son as follas da figueira e o froito que da, traballamos con elas e para rematar elaboramos nos mesmos unha deliciosa marmelada de figos que nos quedou riquísima!!! | 20
Comezo:20/09/2018 09:00
Final:20/09/2018 14:00
Xa que o pasamos tan ben facendo a marmelada de figos, decidímos aproveitar os marmelos que da a árbore que temos na escola para facer doce de marmelo. Fomos recoller os marmelos nun recreo e coa axuda da termomix os nenos e nenas fixeron o doce para levar para a súa casa. Ademais tamen deixamos un pouco doce para celebrar os aniversarios do mes. | 21
Comezo:21/09/2018 09:00
Final:21/09/2018 14:00
Comezo:21/09/2018 09:00
Final:21/09/2018 14:00
Os nenos e nenas da escola de Novás estamos preparándonos para facer a nosa colleita e, como ben sabemos, o primeiro que hai que facer é ir vendimar as uvas que tanto nos custou producir durante todo o ano. Por iso saimos á finca do avó Manolo (o avó de Iker), que está preto do noso colexio a vendimar unhas poucas uvas para despois na nosa aula elaborar o noso propio zume. As nenas e os nenos pasárono xenial, traballaron arreo e rematamos levando as uvas para a nosa aula para seguir noutro día co proceso.
| 22
| 23
|