Skip to Content

Fornelos

Revista "O Bufo Fich nº8" - Xuño 2017

30/06/2017 09:00
30/06/2017 14:00

Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a oitava edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!

Preme aquí para descargala en formato "pdf".

Moi bo verán a todas e todos!!!

 

Convivencia na casa de Moncho e Toia - Xuño 2017

22/06/2017 18:30
23/06/2017 11:00

As nenas e nenos de Educación Primaria de Fornelos imos á casa do noso titor Moncho. Chegamos pola tarde, imos a bañarnos en Padín, ata onde imos de camiñata. Despois ceamos e durmimos na súa casa. Pola mañá almorzamos alí e saímos camiñando ata a escola.

 

Festa de fin de curso - Xuño 2017

22/06/2017 09:00
22/06/2017 14:00

Xa está... O curso 2016-17 toca ao seu fin!

E para despedirnos quedamos pola mañá todo o CRA na escola de Marzán para desfrutar dunha festa con xogos, música, merenda aportada polas familias e moitas cousas máis.

 

Obradoiro musical paxaros - Xuño 2017

21/06/2017 09:00
21/06/2017 14:00

Visítanos na aula de primaria de Fornelos Emilio, que nos vai poñer varias pezas musicais para escoitar nas que aparecen diversos animais dalgunha maneira e despois comentámolo.

 

Visita da protectora de animais de Tui - Xuño 2017

19/06/2017 09:00
19/06/2017 14:00

Na escola de Fornelos recibimos a visita da protectora de animais de Tui chamada "Aloia". Viñeron a falarnos e sensibilizarnos sobre os animais protexidos e as mascotas que moitas veces a xente abandona cando xa lles molestan no seu día a día.

Trouxeron un can que se chamaba turrón, que foi abandonado e recollérono nesta protectora de animais.

Foi moi bonito!!!

 

Saída ao paseo marítimo de Camposancos - Xuño 2017

16/06/2017 09:00
16/06/2017 14:00

As nenas e nenos de Educación Primaria de Fornelos saímos de excursión ata o paseo marítimo de Camposancos. Alí estivemos a mañá camiñando e desfrutando dun entorno natural privilexiado.

Pasámolo moi ben.

 

Visita á Mata - Xuño 2017

08/06/2017 09:00
08/06/2017 14:00

As nenas e nenos de segundo curso de primaria de todo o CRA visitamos as instalacións do centro educativo da Mata, o colexio ao que imos o curso próximo.

Alí nos recibiron antigas compañeiras e compañeiros do CRA, xogamos no patio, coñecimos o lugar e ata nos presentaron a algúns mestres e mestras.

Estivo moi chulo.

 

Contos de Carlos Casares - Maio 2017

31/05/2017 09:00
31/05/2017 14:00

Con motivo da celebración das Letras Galegas este ano facemos unha adaptación plástica e audiovisual de varios traballos e datos da vida do escritor homenaxeado este ano: Carlos Casares.

 

Cada aula decide o xeito de plasmar o conto ou contido que lle corresponde:

- Aula de Novás Ed. Infantil: A formiga esquiadora, do libro A galiña azul.

- Aulas de Couso Ed. Infantil: A galiña azul, do libro A galiña azul.

- Aula de Marzán Ed. Infantil: O peixe da fonte do xardín, do libro A galiña azul.

- Aula de Tabagón Ed. Infantil: Querida Ana, do libro A galiña azul.

- Aula de Fornelos Ed. Infantil: A bomba da felicidade, do libro A galiña azul.

- Aulas de Pías Ed. Infantil e Primaria: libro As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas.

- Aula de Fornelos Ed. Primaria: biografía de Carlos Casares.

- Aula de Novás Ed. Primaria: bibliografía de Carlos Casares.

 

Moito ensaio, moito traballo e moita creatividade para decidir que facer en cada escola... Moitas grazas pola enerxía e gañas postas para facelo. O resultado paga ben a pena!!!

 

Teatro "A nena que quería navegar" - Maio 2017

29/05/2017 09:00
29/05/2017 14:00

As nenas e nenos de primaria do CRA asistimos a unha obra de teatro cantada. Chamábase nena que quería navegar”, do grupo teatral Redrum Teatro no Auditorio do Rosal, xunto ás nenas e nenos doutros colexios da zona.
A obra falounos sobre o acoso que algúns alumnos e alumnas sofren nos centros escolares, aportándonos ideas sobre como saír desta situación.
Tamén desfrutamos moito coas cores vivas e cambiantes, a música dos 80 con letras adaptadas e polo bo facer dos actores e actriz.
Foi xenial!!!

 

A Voz de Zambrano - Marzo 2017

24/05/2017 09:00
24/05/2017 14:00

Aquí temos unha publicación do noso propio xornal "A voz de Zambrano". A actividade consistiu en recoller as cousas máis salientables deste mes de marzo e xuntalas para poder facer o noso propio xornal.

Quedou moi chulo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut