CRA de Culleredo

CONTI CRA

O conto viaxeiro

Este ano tamén creamos entre todos os nenos e nenas do CRA un conto viaxeiro. Fixemos as ilustracións e o texto; quedounos moi bonito. Titúlase "CABALEIRO E MANCHITAS".


A princesa do Caurel

Para conmemorar o  Día do Libro, o 23 de abril, disfrutamos en todas as escolas do conto "A princesa do Caurel".

 


É un conto encadeado que narra como a princesa do Caurel perdeu o seu anel e recuperono gracias a un pastor.

Disfrutamos moito co conto e coa súa canción!


Sofía, la vaca que amaba la música

Esta vez o conto seleccionado foi "Sofía, la vaca que amaba la música", unha divertida historia acerca dunha vaca que non é aceptada por distinta razóns e que ao final crea unha orquestra na que o único que se valora é ter talento musical.

Podedes velo aquí:

 

                                    

Por cuatro esquinitas de nada

O día 29 de Xaneiro contamos un conto moi bonito, titulado "Por cuatro esquinitas de nada". A partir do conto traballamos o Día da Paz e fixemos actividades con redontitos e cuadraditos.

Podes ver o conto neste video.

 

       

Unha feliz catastrofe

Esta vez o conto seleccionado foi, "UNHA FELIZ CATASTROFE",un conto coeducativo, no que se traballa a igualdade dos sexos.

Podedes velo aquí!

 

Como os protagonistas da historia eran unha famila de ratos, dúas ratiñas percorreron as escolas para contar este conto!

       

O PAPÓN

Este curso comezamos o proxecto do CONTICRA contando un conto, co motivo da celebración do Samaín.

Achegouse ás nosas escolas o HOME DO SACO e contounos un conto chulísimo, O PAPÓN.


                         

Unha casa encantada

Como remate do curso imos contar un conto viaxeiro. Trátase dun conto moi especial, pois foise creando nas distintas escolas coa colaboración de todo o alumnado. Titúlase UNHA CASA ENCANTADA.

Podedes disfrutar del a continuación.

A que sabe a lúa?

Como estamos a tratar a temática dos animais o conto seleccionado foi "A que sabe a lúa?".

 

 

Esta historia conta como varios animais colaboran para tentar coller a lúa e poder probala.

Ao final conségueno, e a cada un deles, sábelles a aquilo que máis lles gusta.

 

A árbore das follas DIN A4

Despois de celebrar o día da árbore, e estando pendentes da conmemoración do día da terra, seleccionamos este conto, A árbore das follas DIN A4.


Nel nárrase a historia dunha árbore moi especial, que como sabía que se ía converter en papel, na primavera decide vestir as súas pólas con follas DIN A4.

 


 


Los Disfraces del Sol

Durante o mes de febreiro estivemos traballando a temática do Entroido.

Por iso, seleccionamos para esta sesión de contacontos "Los disfraces del Sol", que nos

conta a historia dun Sol ao que lle gustaba moito disfrazarse.

 


 

Para contar este conto pedimos axuda aos nenos e nenas das distintas escolas, que

colaboraron lendo os pictogramas que lles presentamos.

 


Distribuir contido