Skip to Content

CONTI CRA

A PRINCESA VESTIDA CUNHA BOLSA DE PAPEL

O 12 de Xuño no Castelo de Vimianzo, as profes Pilar e Lidia contaron o conto dunha princesa que vestiuse cunha bolsa de papel. Foi moi bonito!!

TITIRITESA

O venres 6 de marzo as profes Bea e Mabel contáronnos o conto de TITIRITESA,  celebrando así o día da Muller Traballadora. Fíxonos reflexionar moito.

 

NEGROS E BRANCOS

O venres 30 de Xaneiro, día da PAZ, co proxecto do CONTICRA contáronnos o conto NEGROS E BRANCOS. Gustounos moitísimo.

MARISELA E O ROXO

O 18 de decembro contamos co proxecto CONTICRA o conto de "Marisela e o roxo".

Os protagonistas convertíronse en marionetas e foron contando a súa historia dunha maneira superdivertida.

A MIN NO ME COMAS

Este ano chegaron ás escolas do noso centro dous temibles monstros que nos contaron un conto de medo.

    

Asustáronnos moito, pero contaron un conto moi divertidoooo.

O Noso Conto: UNHA HISTORIA DO FONDO DO MAR

O día da inauguración da Biblioteca creamos entre todos un conto que despois nas escolas escribimos e ilustramos. Podedes ver e ler a historia marítima que fixemos se picades no debuxo da portada. O último día de clase co proxecto CONTICRA, contámolo en todas as escolas.


PÉTALA

Hoxe día 23 de abril é o DÍA DO LIBRO. Desde o noso Proxecto CONTICRA non podíamos ter mellor idea que contar un conto ao alumnado das nosas escoliñas. Escollimos o conto de PÉTALA, unha pomba branca que se atopa cun enorme mostro cando anda na procura da chuvia, moi necesaria para a natureza.



A GUERRA DOS NÚMEROS

O mércores 29 de Xaneiro, Iván e Mabel contáronnos un conto para que pensaramos na paz. Titulábase "A GUERRA DOS NÚMEROS".

Despois deixáronnos uns traballos para facer o mural "A Paz dos números".

Artur e Clementina

Hoxe mércores 11 de decembro de 2013 co proxecto Conticra, as profes contáronnos un conto chulísimo de dúas tartarugas, Artur e Clementina.

       

 A verdade é que Artur pareceunos un pouquiño malo pois enchía de regalos a Clementina pero non lle facía moito caso. Por iso entendemos que Clementina marchara da súa casa.

Agora estaremos moi atentos a ver si algún día atopamos a Clementina sen caparazón polo mundo adiante.

Os tres bandidos

Este ano, no Samaín, visitaron as escolas tres temibles bandidos para contarnos a súa historia.

Ao principio asustámonos un pouco, pero despois decubrimos que non eran tan malos e ata compartiron con nós o seu botín.


Distribuir contido


by Dr. Radut