Skip to Content

CONTI CRA

¿Nada?

En xaneiro e despois dunhas datas festivas, nas que se recibiron moitos agasallos seleccionamos o conto ¿Nada? para reflexionar sobre a importancia da amizade.

 


 

 

Este conto amosa que o máis importante non son os agasallos que se poden mercar, senón que o mellor agasallo do mundo é compartir o tempo cos amigos.

 


Ademáis tamén nos serviu  de punto de partida para a conmemoración do Día da Paz, polos valores que nel se amosan.

 


Leopoldo e Casilda

No mes de decembro coñecemos a historia de Leopoldo e Casilda.

 

 

 

Este conto narra a historia de Leopoldo e Casilda e tamén das súas familias, que se reúnen para celebrar unha festa similar á que nos estabamos a celebrar nese momento, o Nadal.

 

A Bruxa Regañadentes

Para a celebración do Samaín seleccionouse o conto A Bruxa Regañadentes.


 

Este conto véunolo contar a bruxa Maruxa, unha curmá da bruxa Regañadentes, que aínda que é unha bruxa boa, ao comezo daba un pouco de medo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut