CRA de Culleredo

A árbore das follas DIN A4

Despois de celebrar o día da árbore, e estando pendentes da conmemoración do día da terra, seleccionamos este conto, A árbore das follas DIN A4.


Nel nárrase a historia dunha árbore moi especial, que como sabía que se ía converter en papel, na primavera decide vestir as súas pólas con follas DIN A4.