ORIENTACIÓN, MEDIOAMBIENTE, TICs, NORMALIZACIÓN, EQUIPO DIRECTIVO, Proxecto Tics, Proxecto Voz Natura, Proxecto normalización, BIBLIOTECA, Proxecto Lector de Centro, PLAMBE, PLURILINGÜISMO, Sección Bilingüe, Pluriinfantil

Novo audioconto!

Bo día familia!

"A princesa do Caurel" é o libro que vos propoñemos para escoitar e participar nél.

A través do seguinte enlace poderedes escoitalo:

https://www.youtube.com/watch?v=d_5a507M97E&fbclid=IwAR2ZIuRtnAfWU0oLI7WxlAEZ-mJE0LrADP75RXvpXsrGypxIKTLrjE2UYbw

Unha aperta moi grande a todas e todos!

Novo conto

Bos días familia!

Esta semana vos propoñemos un novo conto, titulado "Chibos Chibóns". No seguinte enlace podedes escoitalo:

 

https://www.youtube.com/watch?v=aHuZ-mP2K4U&feature=youtu.be&fbclid=IwAR1oKUcb1Gj_lW7O5A8xEbdR-aiVA6aLIecGq1vzC5j04-IgNijeyFfkMrE

 

Esperemos que o gocedes!

Nova conto

Bo día!

Comezamos unha nova semana e vos propoñemos o seguinte conto: "Corre, corre, Cabaciña"

 

https://www.youtube.com/watch?feature=youtu.be&v=7Yxrd3wAVMI&fbclid=IwAR0eJxw-KoA261CDPeavu2kCn9oFNIPmaOThnfNlUovgZEEj9zuyHHRCzxM&app=desktop

 

Moito ánimo!

Novo conto

Bo día!

Esta semana vos propoñmos un novo conto titulado "A vaca que puxo un ovo". No seguinte enlace podedes atopalo. Disfrutadeo!

 

https://www.youtube.com/watch?v=qhVefk9RKps&feature=youtu.be&fbclid=IwAR1vLtNPX65pC5x7jb9dx4707Ewe3JFykhg37M8CO5Pe7N5qEM78nqTDVXM

 

 

MENSAXE ÁS FAMILIAS

Bos dias familias!!

 Dende o CRA propoñemos a realización dun vídeo para que os nenos e nenas de cada unha das escolas se vexan e manden apoiosaos seus compañeiros.

Para iso propoñémosvos o seguinte:

  • Gravar un vídeo dun maximo de 20 segundos en horizontal.
  • Sen audio pero sí coa opción de que aparezan mensaxes escritas.
  •  Algunhas ideas para realizalo poderían ser accións que realicen no día a día e ó final saudar aos seus compañeiros.

Pedímosvos a vosa colaboración mandando os vídeos a cada unha das titoras e titores e así crear un vídeo que nos quede para o recordo.

Grazas de antemán e un saúdo para todos!!

Hora de ler!

Bos días familias!

Comezamos esta semana cunha serie de contos que poderemos visualizar e escoitar e que de seguro vos van a encantar!

Cada semana iremos colgando un enlace a un novo, así que estade atentas/os á páxina web.

Esta semana vos propoñemos o conto que se chama "Chocolata", esperemos que vos guste.

 

https://www.youtube.com/watch?v=AszcpKy3yfI&fbclid=IwAR3ZThKcHdMHN-kaSnOut4YgLnG6bgYZRvb5CZ7vVIHc5mIwoncIniSOGaM

 

 

Día do Teatro

Bo día familia!

 

O 27 de marzo celébrase o día do teatro, e desde os equipos de dinamización da lingua galega e biblioteca queremos facervos a seguinte proposta.

Achegamos un documento co texto “As pitas baixo a choiva” de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas. Este conto relata unha vivenza do autor de cando era pequeno.

A proposta que vos facemos é que leades o conto aos vos@s fill@s e que logo fagan un pequeno teatro de monicreques  da parte do texto onde Ricardo vai salvar ás pitas da choiva.

Tedes un arquivo anexo coas siluetas e as instrución de  montaxe da nosa proposta con imaxes de artistas galegos.

Obras seleccionadas para os monicreques

1: “ A feiranta” Luís Seoane (avoa)

2: “Florisel” Laxeiro (Ricardo)

3: Peza de Sargadelos (galo)

4:Peza de Sargadelos (galiñas)

 

Agardamos que vos guste o conto e que disfrutedes representándoo.

COIDANDO DO NOSO ENTORNO

Ola familia!

Hoxe me gustaría  seguir traballando a concienciación sobre o coidado do noso entorno. Para elo ofrezo aos vosos fill@s varias opcións: un par de vídeos sobre a reciclaxe, un xogo online, dous contos cos Bolechas como protagonistas e unha ficha de reforzo sobre conceptos que xa coñecen.

 

 Pinchade no enlace de abaixo para ver o seguinte vídeo:

http://www.cadernoverde.gal/compostando/

 

 E aquí ven un xogo para aprender a botar o lixo ao seu contedor. Premede na imaxe para entrar nel:

 

 

 

Aplicacións Educativas interesantes

Dende o Equipo de Dinamización das TIC, ofrecémosvos un listado de APP educativas interesantes, para poder renovar as que teñades nos vosos dispositivos, e ir cambiando así os intereses dos rapaces e rapazas. Esperamos que vos reulten de interese.

APPs de interese

Día da Poesía

Bo día familias!

O 21 deste mes foi o día da poesía e para conmemoralo desde o equipo de biblioteca seleccionamos 3 retahílas co obxectivo de xogar con este tipo de texto.

A retahíla é un tipo de poesía de tradición oral, rimada e cun ritmo moi rápido. Teñen un carácter lúdico e son un bo recurso para traballar a fluidez verbal, a imaxinación e a memoria.

Que actividades podedes facer para xogar con elas?

-Recitarlla varias veces

-Recitala en eco (recitades un verso e el@s repíteno)

-Recitar o principio do verso e que digan a palabra final, a rimada.

-Recitar un verso e que digan o seguinte.

-Recitala moi, moi despacio e ir incrementando a velocidade ata facelo rapidísimo.

-Recitala saltando, ou poñendo os pelos de punta, tapando o nariz, saltando a comba, inventando un xogo de palmas...

-Podedes gravar un audio recitándoas se vos apetece. E mandalo ao teléfono do cole.

-E gravar retahílas que coñezades e así podemos facer unha colección. Mandádeas ao teléfono do cole. Podedes usalas para botar a sortes a quen lle toca face unha tarefa, quen empeza un xogo....Xa veredes que rápido as aprenden, moito antes ca nós.

Esperamos que desfrutedes da actividade!

DÍA DA TRADICIÓN ORAL

DESDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA DO CRA ANDIVEMOS A ARGALLAR UNHA NOVA ACTIVIDADE PARA CELEBRAR ESTE DÍA.

ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR, E A QUE NOS VAIADES MANDANDO COUSIÑAS PARA PODER FACER UNHA BOA RECOLLEITA.

ABRIDE O DOCUMENTO ADXUNTO E A DISFRUTAR!!!!

Proposta Medioambiental

- PLASTICMONSTERS.

Como ben sabedes, en todas as escolas estamos traballando e investigando sobre o medioambiente, os seus coidados e a importancia de reciclar, reducir e reutilizar.

Dende o equipo de Biblioteca do CRA fixéronnos a proposta de participar nunha iniciativa de Greenpeace, para facernos mais conscientes da situación actual con respecto ó uso abusivo dos plásticos e dos seus efectos nocivos. A proposta viña nunha carpetiña que ía rular polas casas, pero dadas as circunstancias, propóñovos a tarefa por aquí.

Podedes ver as orixes da proposta nestes enlace:

https://es.greenpeace.org/es/noticias/llevamos-el-monstruo-de-plastico-hasta-su-origen-la-sede-de-nestle/

 https://www.greenpeace.org/international/story/21822/plastic-monsters-from-around-the-world-return-home-to-nestle/

 Déixovos o tráiler do documental que fixeron (aínda que está en inglés, ben seguro que eles e elas entenden a mensaxe, tamén lles podedes ir traducindo as partes mais significaticas):

https://www.youtube.com/watch?v=_oDG7NwkP3E

 Finalmente, adxunto o documento onde se explica a proposta da actividade.

Se neste tempo, non sodes quen de levala a cabo ou non queredes, non vos preocupedes, retomarémola á volta!

 

- "O VELEIRO VERDE"

Acordádesvos desta canción en lingua de signos que nos gustaba tanto sobre o cambio climático? Déixovola aquí para que a recordedes e practiquedes algúns dos seus signos! :)

CONTANDO CONTOS NA REDE

 

María García, fundadora de Smart Locuciones, e narradora de audiolibros e audiocontos vai facernos un fermoso agasallo estos días. De luns a venres, ás 12:00 da mañá ofreceranos media hora de contos online para os máis pequenos/as da casa. Se fas clic na imaxe podes velos de hoxe. Unha verdadeira fermosura.

 

Contacontos online.

 

 

TEMPO NA CASA

 

Ola familias,

como imos pasar unhas semaniñas na casa con motivo do Coronavirus, imos comezar cunha serie de suxerencias de actividades elaboradas por @ayl_recursos que nos poden servir para seguir estimulando a linguaxe oral na casa e, ó mesmo tempo, facer un pouco máis levadeiro este proceso.

Tempo na casa (suxerencias)

                   

TEMPO NA CASA

 

Ola familias,

como imos pasar unhas semaniñas na casa con motivo do Coronavirus, imos comezar cunha serie de suxerencias de actividades elaboradas por @ayl_recursos que nos poden servir para seguir estimulando a linguaxe oral na casa e, ó mesmo tempo, facer un pouco máis levadeiro este proceso.

 

 

TEMPO NA CASA

LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL CURSO 19-20

A Consellería de Educación vén de publicar a Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, participación no fondo solidario e de axudas para a adquición de material escolar.

Prazo de presentación: do 21 de maio ao 21 de xuño.

Podedes acceder aos seguintes enlaces:

SOLICITUDES

FONDOLIBROS

SEDE ELECTRÓNICA

O alumnado que pasa para 1º,2º e 3º e faga entrega presencial da solicitude, deberá levala ao Centro no que continuará os seus estudos o vindeiro curso 2019/2020.

Para calqueira dúbida, poñédevos en contacto coa dirección do centro

RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA 2019-2020

Do 1 ao 20 de marzo será o período de admisión do nenos e nenas nados no 2016, que cumpren 3 anos neste 2019 e polo tanto comezan no mes de setembro a segunda etapa de educación infantil. Tamén corresponde facer a reserva de praza aquel alumnado que cambiando de centro, non lle correspondía facelo en febrerio, cando se fixo a reserva a centros adscritos.

Aquí tendes toda a información sobre este tema. Asemade, para calquera dúbida xa vos poñemos como podedes poñervos en contacto con nós.

Do mesmo xeito, podedes descargar un arquivo adxunto con toda a información e mesmo os formularios ao final desta publicación.

ADMISIÓN CURSO 2019-2020

Atendendoaodisposto na ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para  a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos  DOG 15-03-2015) modificada pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1-02-2017) o prazo de presentación de solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo.

PRESENTARASE UNHA ÚNICA SOLICITUDE ASINADA POR ÁMBOLOS DOUS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS no centro que se solicita en primeiro lugar do VENRES 1 AO MÉRCORES 20 DE MARZO. (formulario normalizado ED550B ORDE do 12 de marzo de 2013 modificada polaOrde do 25 de xaneiro de 2017 

As solicitudes de admisión  cubriranse  (Do 1 ao 20 de marzo) mediante o  formulario normalizado (ED550B) a través da aplicación de xestión do proceso: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado 

Menú:  Solicitudes- Solicitudes de admisión- Crear solicitude de admisión        MANUAL FAMILIAS

CRA BOQUEIXÓN-VEDRA “NEIRA VILAS”

4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

CÓDIGO DE CENTRO 15032571

e presentaranse:

A)NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (precísase CHAVE 365 ou certificado dixital)

           B) HORARIO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

            ESCOLAS  DO CRA ( Camporrapado, Sergude, Lestedo,Sarandón, San Fins, San Xián)

Tódolos días de 9 a 14

SEDE DO CRA BOQUEIXÓN- VEDRA (Vilar s/n- Lestedo)

  • MARTES 16:00-18:00
  • MERCORÉS: 9:00-14:00

Teléfono de Contacto:  616440471

 Dito formulario (ED550B) tamén será facilitado en papel gratuitamente nas Escolas e estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación e nos BLOGs das escolas.

 Xunto coa solicitude de admisión, achegarase copia do DNI do alumno ou copia da folla do libro de familia onde apareza o neno/a, e copia do DNIs dos pais/titores legais. (De entregarse varias solicitudes perderanse tódolos dereitos de prioridade como figura na normativa citada)

 Os alumnos xa escolarizados, que presenten unha solicitude de admisión noutro centro,  teñen a obriga de comunicalo ao seu centro de orixe.

 No caso de que se teña que baremar (habendo máis demanda de prazas que vacantes), do 25 de marzo ao 5 de Abril solicitarase a información acreditativa xunto coas follas 3 e 5 do formulario normalizado (ED550B)

 As listaxes de admitidos e excluídos provisionais presentaranse nos taboleiros das escolas antes do 25 de abril e as  listaxes definitivas antes do 15 de maio de 2019. 

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 28 de Xuño de 2019.

 

Curso 2018-2019

Xa está aquí un novo curso. Na reunión que tivemos onte, repartimos o horario para este curso e demos algunha que outra información importante para o bo funcionamento do curso. En vindeiros días serán as propias titoras ou titor @s que poñan unha nova reunión para os temas que afectan a cada escola. Mañán as portas das nosas escolas abriránse para recibir aos mellores convidados posibles... Benvidos tod@s á vosa casa, a casa da familia do CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas".

Xuntanza inicio de curso

 

 Moi boas a tod@s e benvid@s!! Xa estamos de volta para votar a andar un novo curso. O vindeiro luns xa teremos unha primeira toma de contacto na xuntanza que terá lugar no baixo do local social de Lestedo. Alí presentaremos os novo integrantes do claustro e o equipo directivo. Asemade, explicaremos diferentes informacións importantes e solventaremos calquera dúbida que poidades ter. Un saúdo de todo o claustro que conforma o CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas".

MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

No seguinte enlace podedes ver os libros e materiales das distintas escolas para o vindeiro curso. Bo Verán a tod@s!!

https://www.dropbox.com/home/BA%C3%9AL%20DO%20CRA/MATERIAL%2018-19

Proxecto Normalización 22-23

Liñas prioritarias:Plambe 22-23

Proxecto Voz natura 17-18

Seccion Bilingüe

Plurinfantil

Proxecto Lector

DRABOQUE

 

 

Dende o CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas" avogamos por coidar do noso medioambiente, o noso entorno,.... aprender da natureza e darlle algo do moito do que nos dá ela. Pincha na imaxe e verás as actividades que facemos nas escolas dentro do proxecto do programa Voz Natura

CRATECA

 

 

PINCHA NA IMAXE PARA VISITAR O NOSO BLOG DA BIBLIOTECA E VER TODAS CANTAS COUSAS BONITAS FACEMOS COS LIBROS

Plan tics

Distribuir contido

COVID-19

Iniciar sesión

Revista escolar

Eventos

« Xuño 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Pais/Nais

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.