Festas, conmemoracións e saídas

3ª AVALIACIÓN

Bo día familias.

Nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, relativas ás programacións didácticas, establécese o seguinte:

 

"Os centros e o profesorado revisarán os currículos e as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia, flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas".

 

 Unha vez feitas estas adaptacións por parte do profesorado do noso centro, e para dar cumprimento á instrucción que di "As direccións dos centros responsabilizaranse da súa publicación na páxina web do centro nun lugar accesible a disposición de toda a comunidade educativa e de garantir a súa publicidade, seguindo o procedemento establecido no centro", achéganse como arquivos adxuntos a esta publicación as adaptacións das programacións didácticas de primaria do noso centro para o coñecemento de toda a comunidade educativa.

En Ed. Infantil a avaliación do alumnado seguirá os criterios básicos e propios da etapa educativa. Será por tanto, atendendo á orde de avaliación e as instrucións da Consellería, unha avaliación global (xa que se referirá ao conxunto de capacidades expresadas nos obxectivos xerais de nivel) continua (porque se considerará un elemento inseparable do proceso de aprendizaxe do alumnado) e, formativa(proporcionándonos información constante que nos permitirá mellorar como docentes).Deste xeito, á hora de facer os informes de avaliación final, valoraremos ás nenas e nenos dende o inicio do curso e ata o momento do confinamento, de modo que iso nos sirva de base para o último trimestre. Así mesmo, teremos en conta tamén as achegas feitas polas familias nas continuas postas en contacto con elas a través das plataformas, aplicacións telemáticas, do correo-e e do whatssapp da escola. En ningún caso, todo o acontecido durante este trimestre, influirá negativamente na avaliación do alumnado, xa que somos conscientes das distintas casuísticas das familias (traballos, necesidades propias da familia e o alumnado, medios...) e consideramos que o mellor para as pequenas/os é que se vaian desenvolvendo como persoas e sobre todo no eido emocional.

En canto a metodoloxía que estamos a empregar durante este trimestre, cabe dicir que seguimos procurando que sexa unha metodoloxía global, activa, participativa e lúdica,xa que consideramos que é a mellor maneira que teñen de aprender as nosas nenas e nenos. Para iso contamos coa páxina web do cole, onde todas as semanas colgamos retos conxuntos, mestres/as titores/as e especialistas, para todo o alumnado, propostos para que as familias que o desexen as realicen no fogar. Cada titoría tamén amplía actividades e propostas se así o considera oportuno no seu bloque correspondente da páxina web

En canto á atención á diversidade nas propias aulas, procuramos poñer e favorecer actividades con distintos niveis de dificultade e incluso de reforzo e ampliación para poder abarcar a todo o alumnado. Ademais procuramos tamén propoñer actividades dixitais e outras moitas que non precisen de conexión a internet continuada e que se poidan facer con distintos materiais que hai no fogar.

A continuación tedes os documentos adxuntos cas adaptacións das programacións de Ed.Primaria

AdxuntoTamaño
PRIMARIA documento guía primaria.pdf172.44 KB
RELIXIÓN Adaptación programación primaria-Relixión pdf.pdf685.47 KB
MÜSICA obxectivos contidos criterios INFANTIL 1º e 2ºmínimos imprescindibles xuntos MUSICA.pdf174.84 KB
INGLÉS MÍNIMOS ESIXIBLES, avaliación ... inglés.pdf79.67 KB
EDUCACIÓN FÍSICA CRA.pdf351.5 KB
avaliación ART seccion bilingue.pdf83.67 KB

CALENDARIO

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión