Festas, conmemoracións e saídas

A festa do entroido!!

Un ano máis vivimos a festa do entroido dun xeito especial. Durante toda a semana, o burro mandounos traer algunha entroidada como atuendo, o venres pola mañán puidemos lucir o disfraz que máis nos gusta e pola tarde, celebramos o tradicional festival de entroido. Este ano, os oficios foron os homenaxeados no festival que celebramos na Casa da Cultura de Camporrapado. No desfile que fixemos no exterior da instalación, apareceron bombeiros, traballadores do mar, bailarinas e leñadores, pintores, astronautas, cociñeiros e ata algunha mamá e papá participou da maxia e diversión desta festa. Despois do desfile, os nenos e nenas de cada escola deleitaron ao público con unha actuación relacionada coa temática escollida e rematamos a festa con unha merendola organizada pola "Anpa Val do Ulla" e que grazas a todos os pais e nais do centro puidemsos disfrutar de productos típicos destas datas. Xa estamos pensando na seguinte... Que a festa non apre!! Apúntaste?? Nós, xa contamos contigo!

CALENDARIO

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión