Festas, conmemoracións e saídas

UN CAFÉ MOI ESPECIAL!!

 Haivos días nos que un pode durmir de pé e outros nos que, coma este 12 de xaneiro de 2016 só podes soñar e quedará no recordo de todo este claustro. O pasado 20 de novembro varias mestras do CRa Boqueixón-Vedra estivemos nunhas xornadas nas que un dos ponentes era Dn. Angel Carracedo, que como todos saberedes é un dos mellores científicos internacionais que temos no mundo e sobre todo en Galicia. Naquela ponencia, por certo chea de humanidade e de saber, a algunha faltounos que se falase máis da etapa educativa na que traballamos no CRA, dos 3 aos 8 anos, e incluso ata os 11 pois consideramos que as veces os mestres/as que impartimos nos primeiros anos estamos bastante esquecidos en canto o que podemos ofrecer e a cantidade de cousas que podemos aportar, e así foi como nos atrevimos a escribirlle un mail. E non só nos contestou Ángel senón que nos invitou a tomar un café para departir sobre o tema na súa casa. Estabamos emocionados, alucinados,... Buff¡¡¡  Así que hoxe a tarde foi o día do café máis especial para os docentes do cole e máis a data de coñecer a un sabio terrenal, humilde, familiar, sinxelo, colaborador, comunicador e ointe, e que quería saber da nosa maneira de traballar. O mestre preguntando aos alumnos/as.  Abriunos as portas da súa casa e máis as do seu corazón e namorounos. Grazas Angel Carracedo, a súa dona Montse e ao seu fillo por compartir con nós a tarde. Ainda nos beliscamos para saber se foi certo ou un soño¡¡¡¡¡¡

CALENDARIO

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión