Festas, conmemoracións e saídas

A festa da Pascoa!!- Semana do 30 de Marzo ao 3 de Abril

Ola familias!! Como ben sabedes, a vindeira fin de semana da comezo a Semana Santa. Sen dúbida, vai ser unha semana atípica pero que debemos poñer o noso empeño en vivila coa ilusión que leva implícita: festa de luz e festa de esperanza.. A esperanza que temos todos de chegar ao final de este túnel e nos atopemos coa luz da sanación e do reencontro cos seres queridos.

Mentres tanto, convido aos nenos e nenas a ver este conto, que nos explica cal é o significado do ovo de Pascoa, coa importante relación entre o ovo e a nova vida. Agardo que vos guste!, aí vai a ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=4iGd-jbCzOI&feature=emb_logo

Asemade, as festas son para xogar e divertirnos, pois alá imos. O xogo máis tradicional da Pascoa é o de buscar ovos. Este ano, ibamos facer unha busqueda no cole pero xa que non puidemos, preséntovos un xogo de buscar ovos de xeito interactivo. Debedes agudizar a vista, xa que a medida que se van pasando os niveis, a cousa váise complicando. Só tendes que premer co rato sobre os ovos. Haber ata que nivel chegades. Ánimo!!! Premendo na seguinte ligazón poderás comezar a búsqueda! 

https://www.cokitos.com/encontrar-los-huevos-de-pascua-escondidos/play/

Para o alumnado de PRIMARIA, propóñovos este puzzle de Pascoa. Haber quen é quen de resolvelo: Premendo na imaxe do puzzle poderás resolvelo:

Por outra parte, como sempre, de xeito opcional, adxunto unhas fichas para completar os contidos a traballar nestas datas. As fichas van diferenciadas para infantil e primaria: 

En canto a INFANTIL, hay un conto na ficha "Es Pascua" con unha canción que tod@s coñecemos.

No que a educación PRIMARIA se refire, podedes facer dúas fichas de completar.

Asemade, adxunto unha ficha PARA INFANTIL E PRIMARIA, con varios debuxos de Semana Santa que non hai porqué descargala, xa que podedes facer vós mesmos os debuxos e nun folio, a modo de mural, pegar cada un no día que corresponde: Domingo de Ramos, Xoves Santo, Venres Santo, Sábado Santo e Domingo de Pascoa.

Sen máis. Os meus mellores desexos de que empecedes moi ben a Pascoa e coa esperanza de que pronto nos poidamos abrazar. Un bico enooorme!!

AdxuntoTamaño
Conto Pascua1.pdf415.58 KB
Conto Pascoa.pdf529.93 KB
Colorea a resposta correcta.pdf413.41 KB
Completa e colorea.pdf451.18 KB
Imaxes para mural.pdf265.5 KB

CALENDARIO

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión