Festas, conmemoracións e saídas

Festival de Nadal!!

Un ano máis, non podemos dar máis que gracias a todas as familias que formades o CRA Boquiexón Vedra "Neira Vilas", por ser tan entregadas e participativas en todo o que dende o claustro vos propoñemos. Non pode ser menos o agradecemento para a ANPA, que non sodes nin máis nin menos que estas grandes familias das que estamos a falar e que tanto facedes polo ben de todo o alumnado.

A tarde do día 20 convertiuse nunha festa na que nenos e nenas e mesmo profes divertíronse agasallando con diferenets actuacións para os presentes e que mellor xeito de rematar a xornada que un chocolatiño quente con churros, por cortesía da Anpa. 

Dende o claustro desexamos que este 2020 nos siga agasallando con moitas máis xornadas coma esta e que poidamos disfrutalas con saúde e ledicia. Bo Ano a tod@s!!!

Actuación de Relixión

Actuación Camporrapado

Actuación S. Xián

Actuación S Fins

Actuación Lestedo

Actuación Sergude

Actuación Sarandón

Actuación profesorado

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión