Festas, conmemoracións e saídas

No Entroido concienciámonos co cambio climático!!!

Un ano máis celebramos o entroido por todo o alto. Nesta ocasión a temática era relacionada co cambio climático, desastres naturais e mesmo artificias, que moito ten que ver a man do home. Para iso, cada escola escolleu un desastre para representalo con humor pero tamén reivindicando un planeta máis limpo e saudable.

O venres 21 ás 16 horas estábamos no Centro Sociocultural de Vedra,para amosar o traballo deste último mes. Comezamos con un desfile no que non faltou a música nin algunha simpática representación.

  De seguido, chegou a hora das actuacións. Lestedo foi a encargada de dar o pistoletazo de saída coas inundacións. Un equipo de Protección Civil de Boqueixón-Vedra, avisou da chegada dunha alerta por vento e auga. Tiveron que salvar, con unha lancha, ás xentes que quedaron atrapadas nas súas casas e mesmo viñeron voluntarios para limpar as rúas de lama. Para ver esta actuación, premede na seguinte ligazón:

Actuación de Lestedo

Da auga pasamos aos incendios, coa escola de Sergude. Tamén fixeron unha representación  do mal que pode facer o lume en xeral e a man do home en particular, de como viven esta situación moitos animais e prantas e a gran axuda que nos ofrecen os equipos de bombeiros..... e ata viñeron con camión incluído:

Actuación de Sergude

A continuación, foi o turno da escola de Camporrapado. Alá viñeron dispostos a limpar os mares de plásticos. Deste xeito, coa actuación, axudaron a concienciarnos da importancia de non verter lixo polo prexuizo que lles fai aos animais do mando mariño. Alí estaban os pescadores axudando a que o medio mariño vivira máis feliz.

A seguinte actuación veu da man de Sarandón, con esta escola sumerxímonos  no fondo do mar para reivindicar e concienciar da importancia de recoller o lixo. Acompasados coa canción dos Beatles "Yellow submarine", deleitáronnos con coplas en contra da contaminación.

Actuación de Sarandón

E xa que estamos coa auga, foi o turno da escola de S Xián, co desxeo. Non cabe a menor dúbida que traballaron e interiorizaron esta temática con unha copla moi reivindicativa, que os nenos e nenas elaboraron coa axuda das titoras. Para volvela a ver e como todas as escolas, premede na seguinte ligazón:

Actuación de S Xián

Como broche de ouro, a escola de S Fins, foi a encargada de concienciarnos da importancia de coidar o mediambiente polo mal que a contaminación fai no noso día a día e como pode repercutir na nosa saúde.

Actuación de S Fins

Na seguinte e derradeira ligazón poderedes acceder ao album onde están as fotos e algúns vídeos máis, da tarde do venres de Entroido. Agardamos fose do voso agrado...Ata a vindeira!!!!!

Desfile e fotos actuacións     

 

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión