MONSTRUO ROSA

Monstruo Rosa é una historia que nos ensina o valor da diferencia e a importancia do optimismo e a positividade, sobre todo nos peores momentos.

Monstruo Rosa é diferente a todos os demais dende que naceu. É moi grande, redondo, moi alegre pero sobre todo é completamente rosa, cousa que destaca moito nese mundo en branco e negro no que lle tocou nacer. Monstruo Rosa podía conformarse, adaptarse ó mundo no que lle tocou vivir, pero non o fixo, decidiu loitar pola súa identidade sen medo ó descoñecido.

A recompensa vale a pena e moito, pois atopou unha sociedade rica e diversa na que foi acollido.

Aquí vos deixo algunhas das actividades que fixeron @s nen@s da escola de San Cristovo:

Antes de ler o conto, os alumnos imaxinaron como sería o monstro do conto únicamente escoitando o seu título. Debuxaron o que imaxinou cada un.

Despois de escoitar o conto, fixeron o debuxo do que máis lles gustou.

·    Xogo de dados no que debuxaron o monstro coa apariencia que lles ía tocando segundo tiraban os dados.