PREMIOS DA INICIATIVA PRIMAVERA DAS LETRAS DA RAG

O martes fomos recoller o premio "Contádenos o voso día das Letras" no que o noso centro, con outros catro máis de toda Galicia, saiu premiado por sorteo nun total de 80 traballos presentados. Este ano o escritor a quen se lle adicaban as letras galegas foi Carlos Casares. O seu fillo, que estaba no acto deulle as grazas aos 90 nenos e nenas alí presentes, polo bo facer de tódolos traballos presentados e animou aos nenos e nenas a que non deixaran de ler e que coma o seu pai poderían chegar a ser futuros escritores.

Agradecer a Victor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e a académica Fina Casalderrey polo ameno que fixeron o acto e o cariño co que trataron aos nosos alumnos e alumnas. Foi un acto moi emotivo. 

Grazas polos agasallos.