
Realizouse un CONCURSO DE PROXECTOS DE TECNOLOXÍA como actividade do departamento do 7 ao 11 de abril. O obxectivo da exposición era amosar os proxectos construídos polos alumnos no curso 2012/13 a todo o centro e motivalos para melloralos. Aos alumnos que deseñaron e construíron os proxectos máis votados entregóuselles un premio.
Os premiados foron:
2º ESO: Michael Allo Abelenda, Ismael Díaz Mata, Melany Grille Mata e Kevin Pardiñas Busto.
Premio: KIT “Bola luminosa Arco Iris” para cada alumno.
2º ESO DESDOBRE: Christian Castro Souto e José Carlos Rama Caamaño.
Premio: KIT “Marco mágico para fotos” para cada alumno.
3º ESO: Noemi Allo Abelenda, Christian Martínez Calo, Vania Mourelle Domínguez e Joel Quintáns Labandeira.
Premio: KIT “Araña móvil THEKLA” para cada alumno.