A pasada semana vivimos unhas terroríficas xornadas no CPI de Zas.

 

Aproveitando que o tema anual da biblioteca versa sobre o medio ambiente, os alumnos realizaron cabazas con materiais de refugallo. Menudos artistas!!

 

Asistimos aos contacontos organizados polo Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Normalización da Lingua Galega, participamos na queima dos medos, visitamos unhas arrepiantes estacións, degustamos unhas ricas castañas no Magosto,…

Aquí deixamos unha pequeña mostra do ben que o pasamos!!!

 

 

Hoxe vivimos unha xornada especial no CPI de Zas!!

Os nen@s de 6º de Educación Infantil visitamos a aula do vindeiro curso. Os nosos compañeiros de 1º explicáronnos como vai ser a nova etapa educativa e fixéronnos entrega dos Pasaportes a Primaria.

 

 

Moitas gracias compañeir@s!

Hoxe disfrutamos dunha entretida xornada de Educación Vial.

Aquí recollemos unha mostra do ben que o pasaron @s máis pequen@s.

 

 

Os nenos e nenas de Educación Infantil levamos a cabo unha visita a

Panaderia Roiser de Coristanco.

Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial!!

 

 

 

 

 

"Esta é a historia dun carballo que vivía entre a Serra do Faro e o manso Miño. Un carballo que ficaba só, soiño de todo,..." Así comeza o conto que estamos traballando os nen@s de 6º de educación infantil. 

 

Trátase dunha historia que nos gustou moito e a través da cal tomamos conciencia da importacia de coidar o medio ambiente. 

Por iso, decidimos facer a nosa propia plantación de landras dun xeito moi orixinal!!

Aquí deixamos unha pequena mostra de todo o que traballamos!!

 

 

 

Moitas gracias ás familias pola colaboración!!!

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS COMEZAMOS O CURSO TRABALLANDO O FERMOSO CONTO "XAIME E AS LANDRAS".

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA DAS NOSAS ACTIVIDADES....

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta mañá os nen@s de educación infantil recibimos unha grata sorpresa.....a visita da agarimosa cadeliña NUBA!!

 

Gracias a Asociación Aloumiños e a Cadelar disfrutamos desta actividade na que, ademáis de pasalo xenial con Nuba,  aprendemos os coidados que precisa unha mascota.

 

Moitas gracias!!

O pasado 16 de maio, os alumn@s e mestras de educación infantil disfrutamos dunha xornada diferente: unha viaxe en tren!!

Comprobamos cómo son as instalacións da estación e tamén fixemos un pequeno percorrido dende A Coruña ata Santiago, voltando logo para A Coruña.

 

 

Rematamos a xornada cun divertido xantar e xogos no parque de Santa Margarida. 

 

Pasámolo xenial!!

 

COIDAMOS OS NOSOS VERMES

Observamos como nacen dos ovos do curso pasado

 

Comezamos a darlle os brotes de morera

 

Medran e xa comen follas de morera.....

 

Fan as mudas varias veces..........

 

Seguen comendo e medrando..........

 

Paran de comer e comezan a facer o casulo

 

Xa todos remataron.......

 

Nacen as bolboretas......e o ciclo volve a empezar.

PARABÉNS!!!!! 

 

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.