Skip to Content

A NOSA BIBLIOTECA!!!

          A biblioteca do CPI de Zas constitúe un espazo común, un punto de encontro de todos

aqueles que formamos parte deste centro escolar (alumnos, docentes, persoal do centro,

familias…). Supón tamén un importante instrumento educativo, non só de cara á consecución, por

parte do alumnado, das competencias clave, senón tamén á hora de promover a súa formación

como lectores e cidadáns activos. Este feito confirma, ademais, a necesidade de continuar cun

proxecto de biblioteca que non só nos permita avanzar na súa consolidación como un recurso

educativo de primeiro nivel, senón que a converta nun recuncho dinámico. De aí que sexa preciso

potenciar o seu papel no funcionamento diario do centro, fomentando a cooperación e a

accesibilidade entre os distintos membros de toda a comunidade educativa.

Lugar de Lectura

        

          Ademais dos fondos bibliográficos que ofrecemos na biblioteca (que están a ser

clasificados segundo a CDU), esta dispón de espazos de lectura e traballo diferenciados para os  

distintos niveis educativos, zona de empréstitos cun ordenador para xestionar o programa MEIGA

e unha nova zona habilitada para o manexo das TIC con catro ordenadores que facilitan a

confección dos traballos e búsquedas particulares de información por parte dos alumnos.

     

         Ademais, contamos cun espazo específico de exposicións de novidades bibliográficas,

traballos de fomento da lectura, anuncios de actividades, material multimedia…, así como un

proxector que favorece o desenvolvemento de tarefas interactivas e a organización de cine

fórum.

         

         

  A biblioteca desenvolve tamén distintas actividades ao longo do curso. É o caso das sesións

de formación de usuarios para Infantil, Primaria e 1º ESO ao comezo do ano académico;

recomendacións de lectura para os períodos vacacionais; actividades específicas para a

celebración de festividades como o Samaín, o Magosto, o Nadal, San Valentín, o Día da Poesía, o

Día do Libro, o Día das Letras Galegas…; fomento da participación do alumnado e o profesorado a

través do buzón de suxestións; a recuperación das mochilas lectoras nas gardas e as mochilas

viaxeiras; a constitución dun clube de lectura no que participan alumnos de 3º, 4º, 5º, 6º EP e 1º

e 2º ESO; e a  creación dun blogue áxil e dinámico que recolle as actividades e tarefas

desenvolvidas no seo da biblioteca. Pódese acceder a el a través seguinte ligazón:

https://bibliocpizas.wordpress.com/

 

Acompañan a estas liñas unhas imaxes dos distintos recunchos da biblioteca, así como o logo

actual que a define, coa figura de Pancho, a nosa mascota.

 

    

 

VEN A VISITARNOS!!!



book | by Dr. Radut