Skip to Content

Articles

Concurso Canguro Matemático

Alumnos de 1º e 2º de ESO participan no concurso Canguro Matemático, celebrado en Vimianzo en marzo de 2013.

 

 

Boa sorte rapaces!

Actividade organizada polo Departamento de Matemáticas.

 

"OS RISCOS DE INTERNET E OUTRAS NOVAS TECNOLOXÍAS"

A Garda Civil impartirá unha serie de charlas no noso centro sobre "Os riscos de Internet e outras novas tecnoloxías".

As charlas realizaranse o 16 de xaneiro na aula de audiovisuais.

  • 10:00-11:00: 5º e 6º de E.P.
  • 11:00-12:00: 1º ESO
  • 12:00-13:00: 2º, 3º e 4º ESO

Ás 18:00 haberá unha charlas para os pais interesados no tema.

Actividade organizada polo Departamento de Orientación.

Exposición - Concurso de proxectos de Tecnoloxía 2011

Realizouse a EXPOSICIÓN-CONCURSO DE PROXECTOS DE TECNOLOXÍA como actividade do departamento durante a semana antes de Nadal, os días 19 e 20 de Decembro. O obxectivo da exposición é amosar os proxectos construídos polos alumnos a todo o centro e motivalos para melloralos. Tanto os alumnos como os profesores votaron aos mellores de cada curso.

Aos alumnos máis votados entregóuselles un premio durante o Festival de Nadal.

Visita a galería de imaxes.

Samain 2011

SAMAIN 2011

A última semana de outubro (semana do 24 ao 28) celebraremos o Samain no CPI de Zas.

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística, o Equipo da Biblioteca e o Departamento de Actividades Extraescolares e Complementarias propoñemos as seguintes actividades.

DECORACIÓN DE PANTASMAS E CABAZAS.

Dirixido aos alumnos de E. Infantil.

Na clase os alumnos/as decorarán os debuxos de cabazas e pantasmas que se vos pasarán fotocopiados. Os titores recollerán os debuxos para a súa exposición final ao longo da semana.

CONCURSO DE CABAZAS.

Dirixido aos alumnos de E. Infantil e Primaria.

Os nenos/as que queiran participar, traerán da casa unha cabaza decorada durante o luns 24 e o martes 25 de outubro, co seu nome e apelidos nun papel. A cada cabaza asignaráselle un número para a súa exposición durante o mércores, xoves e venres desa semana. Haberá unha votación o venres 28 para elexir unha cabaza gañadora por ciclo. O premiado recibirá un agasallo. As cabazas premiadas quedarán expostas o tempo que a súa natureza permita. O resto pódense levar de volta o venres 28.


CONCURSO DE RELATOS DE TERROR.


Dirixido aos alumnos do 3º ciclo de E.P e E.S.O.

As condicións son as seguintes:

1. Poden participar tódolos/as alumnos/as de 5º e 6º de Primaria e da ESO do centro.

2. Os relatos teñen que estar redactados en galego e feitos a ordenador (letra Times New Roman ou Arial, 12 puntos e interlineado doble) pero en ningún caso poden pasar das dúas follas.

3. O relato ten que ser orixinal e debe conter obrigatoriamente as seguintes palabras: Lúa chea, medo, feitizos, ruídos.

4. No relato non debedes poñer o voso nome senón que empregaredes un pseudónimo.

5. De entre tódolos relatos presentados, un xurado escollerá o mellor de entre todos os presentados en 5º e 6º de Primaria e o mellor dos feitos na ESO. Os gañadores recibirán un agasallo.

6. O plazo de presentación será ata o martes 25 de outubro. A entrega dos agasallos será na Leoteca, o venres 28 de outubro na hora do recreo.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Concurso FELICITACIÓNS DE NADAL

Concurso organizado polo Departamento de Tecnoloxía para os alumnos de 3º de ESO

Exposición - Concurso de proxectos de Tecnoloxía 2009

Eleccións democráticas no CPI de Zas

Actividade orpanizada polo Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca para os alumnos de E. Primaria.

Ir á reportaxe na TVG

Ver o video

Exposición - Concurso de proxectos de Tecnoloxía

Exposición - Concurso de proxectos de Tecnoloxía

Decidiuse realizar unha EXPOSICIÓN-CONCURSO DE PROXECTOS DE TECNOLOXÍA como actividade do departamento no Festival de Nadal, día 22/12/2006. O obxectivo da exposición era amosar os proxectos construídos polos alumnos a todo o centro e motivalos para melloralos.Tanto os alumnos como os profesores votaron aos que pensaban que eran os mellores de cada curso.

Aos alumnos máis votados entregóuselles un premio.

1º ESO:
Empataron os grupos formados por:
-         Silvia Blanco, Lorena Fernández e Raquel Ferreiro.
-         Ángel García, Valeria González e Marta López.
2º ESO: Noelia Blanco, Esteban Fernández e Carlota Santos
3º ESO: Ana Costa, Irene Espasandín e Tania Andrea Pardiñas.
4º ESO: Non participaban no concurso pois xa non están no centro.

Visita a galería de imaxes

FESTIVAL DE ENTROIDO

00/00/
Array
    

 

A partires das 10 da mañá realizouse a presentación de disfraces de E.Infantil ,Primaria e Secundaria.

A actividade levouse a cabo no Pavillón por mor do mal tempo.

Os disfraces do alumnado de Infantil e Primaria estiveron relacionados co centro de interese dos contos tradicionais infantís.Os contos elexidos foron, entre outros, os seguintes: "Brancaneves e os sete ananiños", "Pinocho", "O frautista de Hamelín","Os tres porquiños","Os 101 dálmatas" e "Peter-Pan".

As titoras de 1º A e 3º de Primaria elaboraron e leron un conto que relacionaba tódolos disfraces nunha historia común.

Asimesmo celebráronse outros xogos nos que participou o alumnado do centro: baile de globos, tirar da corda, ....

Ás 12:15 repartíuse o tradicional chocolate con biscoitos a tódolos participantes dando por rematado o festival ás 13 horas coa saída dos autocares. 



by Dr. Radut