CARREIRA POLA LINGUA

Os alumnos/as de 1º ciclo de ESO foron a Lugo ao Correlingua. Todos os participantes se deron cita na Praza de Santa María ás once da mañá para percorrer o adarve da Muralla. Regresaron de novo á Praza para continuar coa programación, que incluiu obras de teatro cos grupos Chévere e García MC.