SEXTO RETO DE MÚSICA

Ola nenas/os:

Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.

A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.

SEXTO RETO (DO 22/05 AO 29/05 DO 2020):

TOCA CANTAR O voso traballo neste reto consistirá en escoller a canción que máis vos guste. Podedes poñela nun ordenador ou nun teléfono con volume baixo e a continuación cantala en voz alta. Para facer esta actividade debedes gravar un vídeo que non exceda dun minuto de duración. En canto o teñades, mandádelo ao seguinte enderezo : musicacospeito@gmail.com 

No caso de que o vídeo ocupe demasiado espazo ou non colla no devandito enderezo empregade We Transfer para mandar o arquivo.

 

Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.

Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.

AdxuntoTamaño
TAREFA MÚSICA PRIMARIA 6.odt66.87 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer