4º RETO DE MÚSICA

 

Ola nenas/os:

 

Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.

 

A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.

 

CUARTO RETO (DO 08/05 AO 15/05 DO 2020):

 

A MOVER O ESQUELETO!!!!: O voso traballo neste reto será moi sinxelo. Para esta actividade vou a enviarvos un vídeo dunha canción de Uxía Lambona e a banda molona: O rock molón. En primeiro lugar visualizaredes o vídeo. Deseguido, teredes que gravarvos movendo o voso corpo ao son da música que escoitedes. O enlace da canción será o seguinte: https://www.youtube.com/watch?v=bGgpK7G-ntA. Nesta actividade poden colaborar convosco, se así o desexan, algúns membros da familia que queiran engadirse á coreografía. Agardo as vosas producións audiovisuais.

 

Unha vez que teñades feita a actividade enviádela a: musicacospeito@gmail.com

 

No caso de que o vídeo exceda a capacidade do enderezo de correo ou non colla polo peso podedes empregar: WeTransfer.

 

 

 

Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.

 

Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.

 

AdxuntoTamaño
TAREFA MÚSICA PRIMARIA 4.pdf416.73 KB
TAREFA MÚSICA PRIMARIA 4.odt68.57 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer