TAREFAS MÚSICA

 

Ola nenas/os:

 

Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.

 

A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.

 

PRIMEIRO RETO (DO 17/04 AO 24/04 DO 2020):

 

-Elaboración dun INSTRUMENTO MUSICALfeito con MATERIAL DE REFUGALLOou con calquera tipo de material que teñades polas casas. Pensade e deixade voar a imaxinación, seguro que sairán cousas espectaculares e sorprendentes. Unha vez que teñades o instrumento feito debedes poñerlle un nome que o identifique, pode ser real ou inventado.

 

Cando teñades isto, tedes que facerlle unha foto e coa axuda da familia mandala ao seguinte enderezo de correo electrónico: musicacospeito@gmail.com

 

. Para rematar, deixovos uns enlaces orientativos que poden axudar á realización da actividade.

 

https://es.slideshare.net/Carmen_Carvajal/taller-de-construccin-de-instrumentos-musicales-para-4-de-primaria

 

http://www.clubpequeslectores.com/2015/06/manualidad-instrumentos-musicales-caseros.html

 

Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.

 

Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.

 

AdxuntoTamaño
TAREFA MÚSICA PRIMARIA.pdf406.63 KB
TAREFA MÚSICA PRIMARIA.odt68.68 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer