Complementarias

CAMPEONATO DE HOCKEY SOBRE PATÍNS EN CERVANTES (XOGADE)


Hoxe tocou dentro do programa XOGADE, o campeonato de Hockey sobre patíns en Cervantes. Levábamos entrenando semanas cada vez que tiñamos ocasión, e notouse, as rapazas de Pedrafita e Courel gañaron o campeonato femenino, pero o máis importante foi o ben que o pasamos todos/as.

CONTACONTOS PARA A IGUALDADE

No día do libro tivemos a sorte de ter tamén unha sesión de contacontos para todos e todas as alumnas de Infantil e Primaria, como parte do progama de Innovación "Donas de sí".

BRAULIO TUBER EN PEDRAFITA

Aínda que nos visitou en outono, tivemos que esperar ata a chegada da primavera para poder ver a visita de Braulio aos rapaces de Pedrafita.

ENLACE AO PROGRAMA DA CTVG

SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA 2019: O NOSO BIDUEIRO ANCARIÑO

Hoxe completamos a semana da árbore e da auga plantando a nosa nova árbore, ancariño, un bidueiro ben feitiño ao que lle adicamos un poema "á vella árbore" aínda que a nosa fose ben noviña. 

CARREIRA DE ORIENTACIÓN EN LUGO

Este ano por fin tivemos a posibilidade de participar nunha carreira de orientación ao grande na cidade de Lugo. Unha experiencia moi divertida e para repetir máis veces! Grazas a Silvia a nosa profe de Educación Física por falar coa organización do Club Fluvial para poder facer realidade esta oportunidade.

CINE EN LUGO CO COUREL: BARBACANA


O xoves día 14 de marzo continuamos de ruta. Visitamos a cidade lucense para ver Barbacana, unha produción española de Arturo Menor rodada entre 2016 e 2018. Nela tres historias entretécense. Por un lado trata de filmar aos lobos en plena natureza, por outro a vida dunha manada (asistindo ao nacemento de novos cachorros, a vida cotiá do clan, etc.) e por último unha achega á realidade social do lobo, coas paixóns e odios que levanta, con gandeiros a favor e en contra.

CHARLA DO PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 12 de marzo viñeron a visitarnos Verónica e Ramón, responsables de traballar a temática de violencia de xénero dentro do Plan Director na provincia de Lugo.

Distribuir contido