Complementarias

DÍA DA BIBLIOTECA 2015

Hoxe celebramos o día da biblioteca no centro e Marga a nosa encargada da biblio preparounos coa colaboración dos demais profes esta estupenda exposición.»

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Como cada ano o noso"profe para todo" Javi preparou co alumnado de ESO unha pequena obriña para o festival de Fin de curso, este ano tocou unha comedia, aínda que como el mesmo admite é bastante xeneroso calificar esta peza como tal, senón que máis ben farsa sería máis atinado polo absurdo de moitas situacións. A realidade e que tanto actores e actrices como público, pasámolo fenomenal.

SAÍDA FIN DE CURSO

 

 

O penúltimo día, como é costume, tivemos a saída de fin de curso á cidade de A Coruña con visita ao Aquarium Finisterrae. Antes tivemos que facer unha parada improvisada en Lugo para recoller os premios dos proxectos participantes no Lugo Emprende. Aquí quedan as fotos do día:

 

 

PROGRAMA DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O venres 19 de xuño para pechar o curso 2014-15 como se merece celebraremos o FESTIVAL DE FIN DE CURSO ao que TODAS AS FAMILIAS ESTADES INVITADAS.

O festival terá lugar no comedor do centro e comezará sobre as 12:30 horas. O programa de actividades será o seguinte:

GAÑADORAS E GAÑADORES DO CONCURSO DO LUGO EMPRENDE!!!

As alumnas e alumnos de 6º de Primaria e de 3º de ESO resultaron premiados no concurso "Lugo Emprende 2014-15"  dentro da modalidade A na que terían premio as 3 mellores ideas innovadoras de negocio. Cada membro do equipo participante recibirá unha tablet como recoñecemento.

O proxecto de 6º de Primaria consistía nunha "Fábrica de iogures Pedrafita" aproveitando a calidade das explotacións gandeiras da zona.

OS NOSOS STOP MOTION A CONCURSO. ENTRA E VALÓRAOS

Os profes de Infantil e Primaria: Ana, Fátima e Juan coordinados pola profe de Música, Lucía, xunto cos alumnos e alumnas de Educación Infantil, elaboramos dous Stop Motion para o concurso nos tamén creamos. Mirade que chulada!

VISITA AOS CICLOS DE FP EN LUGO E INICIACIÓN A PÁDEL

Hoxe 28 de maio as rapazas e rapaces de 3º e 4º da ESO madrugamos especialmente para poder ir a Lugo a vivir unha intensa mañá de percorrido polos Centros Integrados de FP de Lugo. Ás 9:30 xa estabamos nas Mercedes acompañados pola Xefa de Estudos Rocío e Cristina, a Orientadora. En só unha hora coñecimos a oferta formativa do centro e visitamos as aulas e obradoiros de Mecánica, Comercio, Instalacións de Frío e Eficiencia Enerxética.

CONTACONTOS DE KALANDRAKA: O TÍO LOBO, SACAPENAS,... UNHA MOREA DE HISTORIAS EN COMPAÑA DO CEIP DE AS NOGAIS

Hoxe recibimos dobre visita, por un lado os rapaces e rapazas de As Nogais e por outro o contacontos musicalizado de Kalandraka. Aquí quedan as fotos das actividades e, como non, da comida todos xuntos. 

PROTEXENDO O CAMIÑO CHEGA A PEDRAFITA

Turismo de Galicia puxo en marcha o programa "Protexendo o camiño" para os escolares dos municipios polos que pasa a Ruta Xacobea coa finalidade de fomentar o coidado e articular unha rede protectora e cultural do Camiño de Santiago, intentando protexer as rutas de riscos como o lixo, o feísmo, a falta de civismo, etc. Para isto fan uso de contos e ilustracións nunha divertida sesión que queda reflectida nas seguintes fotos. 

Distribuir contido