Complementarias

SAÍDA A PONFERRADA: MUSEO DA ENERXIA E CASCO HISTÓRICO.

Este martes 1 de decembro todos os nenos e nenas, rapaces e rapazas e gran parte dos profes subimos ao bus camiño a Ponferrada. A primeira parada foi no Museo da Enerxía: A fábrica da luz que está nunha antiga central térmica en funcionamento entre 1920 e 1971, que se restaurou para usos culturais pero respectando a súa orixinalidade. Neste museo puidemos facer unha viaxe no tempo e descubrir cómo se producía a electricidade a principios do século pasado e como era a vida na central, segundo os testemuños dos seus traballadores/as.

RECURSOS PARA O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No día Internacional contra a violencia de xénero deixamos aquí os carteis elaborados polo alumando de ESO doutro centro dirixidos pola profesora Begoña Giménez que compartiu a súa experiencia no blog»

CHARLA SOBRE EDUCACIÓN VIAL DA DGT

O xoves 19 de novembro tivemos visita da DGT que, por grupos nos falou de educación vial como peóns, aos máis pequenos, e como ciclistas aos maiores, además de explicar conceptos básicos de primeiros auxilios (PAS: Protexer, Avisar, Socorrer), tipos de cascos para protexernos nas motos, consecuencias dos accidentes de tráfico, taxas de alcoholemia, ... Aquí queda un pequeno resumo en imaxes.

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO-SAMAÍN-HALLOWEEN 2015

Chegou o venres 6 de novembro e con el o terror ao noso cole: lápidas enterrando sentimentos de medo, tristeza, vergoña,..., morcegos, esqueletes, vampiros, vampiresas e mortos vivintes,... cabazas que expresaban pánico no xesto da cara! 

Distribuir contido