Complementarias

UN POUCO TARDE PERO NON ESQUECEMOS O DÍA DA ÁRBORE

Este ano a neve non permitiu que nas datas sinaladas celebrásemos o día da árbore prantando árbores no arredores do centro. Pero unha vez que a choiva e a neve nos deron unha tregua collemos a pala (aínda que neste caso Martín e Marcos máis que os demais) e prantamos a árbore enviada pola Deputación de Lugo, que este ano foi un salgueiro ao que bautizamos como "Follas Novas" con nome e apelidos.

SESIÓN 11 DE CINE NA MONTAÑA: Escribindo o guión

Á volta de Semana Santa trouxonos de volta a Marcos, que chegou cargado de enerxía e pasou todo o día con nós preparando o guión do que será o noso documental. Foron horas e horas de pensar, ordear, priorizar, seleccionar, concretar,... e cada vez nos saían máis lugares, máis persoas,...

SAÍDA DE SECUNDARIA: DE RUTA POR VILALBA, ESTACA DE BARES, SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO E VIVEIRO

Despois de días rodeados de neve tiñamos ganas de ver outra paisaxe (aínda que as nosas nos encantan) e para despedir o segundo trimestre decidimos visitar a costa lucense e a a coruñesa dende Bares ata Viveiro sen esquecer San André de Teixido. A pesar de que a previsión metereolóxica non era moi boa, como ultimamente temos bastante sorte coas saídas puidemos aproveitar bastante ben e desfrutar do mar e do aire fresco. Ademais como esquecimos os bocadillos no cole os profes invitáronnos a comer, como nos puxemos!!! Nas nosas caras veredes como o pasamos.

SESIÓN DE MAXIA EN AS NOGAIS

Como cada ano compartimos algunhas actividades co noso cole veciño, o CEIP de As Nogais. Este curso invitáronnos a acompañalos a unha sesión de maxia na tarde do mércores 14 de marzo. O mago encandiounos cos seus trucos e xogos, sacou ata 6 caixas dunha bolsa pequena e, como puido comprobar a profe Marta, baleira, pasou de forma invisible un dado xigante dunha caixa ao seu sombreiro, dunha corda fixo dúas, sacou varias puntas e volveuna deixar como unha única corda,... e así mil trucos de maxia.

OBRADOIRO DA CRUZ VERMELLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte celebrabamos o Día Internacional da Muller e reivindicávamos a iguadade de oportunidades, soldo, seguridade,... e hoxe profundizamos na gran lacra social da violencia de xénero ao longo de toda a mañá grazas ao persoal da Cruz Vermella. 

Distribuir contido