FESTIVAL DE NADAL


Despedimos este trimestre hoxe, venres 20 cunhas actuacións espectaculares e cunha participación impresionante de toda a comunidade educativa. Gabriel estreouse como presentador con matrícula de honra e deu paso as actuacións de 1º, 2º e 3º que empezaron co "We wish you a Merry Christmas" e finalizaron con espiríto rockeiro ao 100% co seu "Llegó la Navidad". 

Subiron a acompañalos os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Primaria para cantar en conxunto "Os xoguetes sen xénero", un impresionante rap escrito pola profe Bea de Música e despois os maiores de Primaria nos amenizaron con "La navidad en Pedrafita".

Detrás de primaria, chegou a actuación estelar de Infantil que interpretaron "Vamos a montar un arbolito" e "La navidad twist". Todo un éxito!

A pesar de deixar o listón ben alto a interpretación en latín de Javi e Xiana (que por suposto todos entendemos), as panxoliñas con guitarra e flauta de 2º e 3º de ESO cos profes Javi e Julián e a bachata e o tango que as rapazas de 2º e 3º de ESO prepararon co profe Benjamín non se quedaron atrás para nada!

Como cada ano entregamos os premios do concurso de Postais de Infantil e Primaria, estivo complicado pero os gañadores foron Mouslim, Lucía e Jorge.

Despois dos pinchos compartidos con profes e familias, tivemos unha sesión de maxia preparada polo alumnado de 5º e 6º de Primaria e toda a ESO que nos deixou abraiados por completo e finalizamos con bailes e música no ratiño de tempo de lecer que nos quedou despois dunha xornada de Nadal tan intensa!