4º, 5º E 6º TAMÉN TRANSPLANTOU NO PATIO DO COLE E DOS TARROS DE VIDRO A MACETAS E TUBOS DE ENSAIO


O venres 14, despois dun día de festa, resultou un día perfecto para acabar de transplantar as árbores froiteiras que nos trouxo a investigadora do CSIC e coa axuda do profe Gabriel cada un de nós puxemos unha no patio do cole. Despois acompañados pola profe Rocío regamos as nosas árbores e de paso as que puxeran os rapaces e rapazas máis pequenos. Tamén fixemos transplantes dos tarros de vidro que Nieves deixou no cole a macetas ou a tubos de ensaio, no caso das plantas que apenas tiñan raíz, coa intención de comprobar se medraban ou non. Un dos tarros que non se abrira quedou intacto para observar o que sucede con esas plantas tras unhas semanas.