ACTIVIDADES DA FUNDACIÓN OSO PARDO

Hoxe estivo no centro Ana da Fundación Oso Pardo para impartir varios obradoiros. Primeiro cos rapaces e rapazas de Primaria vimos un vídeo sobre a vida de Trufa e Vainilla dúas osas da Cordilleira Cantábrica dende o seu nacemento ata o momento en que se reproducen. Despois falounos das características dos osos, como por exemplo que teñen unha malísima vista e que por iso necesitan dese bo olfacto que os acompaña e que lles axuda a intuir os perigos e conseguir alimentos. Tamén comprobamos que son practicamente herbívoros, tan só como algo de carroña como fonte de proteína para o inverno. Tan ben nos explicou Ana que case non tivemos dúbidas, aínda que si estivemos compartindo opinións durante un bo rato.
A última hora da mañá, Ana traballou co alumnado de Secundaria e tras a visualización dun vídeo sobre os Osos Cantábricos establecimos un debate entre a metade do alumnado a favor dos osos e a outra metade en contra. Os argumentos foron moi interesantes, dende as desconfianza ante as actuacións da Administración cando se establece unha zona como Parque Natural, ata os destrozos nas colmeas ou os aspectos positivos do turismo nunha zona cunha especie que a xente ten tantas ganas de avistar. Reflexionamos sobre posibles solucións aos problemas detectados como por exemplo, retomar as albarizas para protexer as colmeas ou solicitar os pastores eléctricos q proporciona a Administración.