SEGUNDO E TERCEIRO DÍA NO PAÍS VASCO

Onte foi día de folga, pero hoxe xa estamos para amosarvos os lugares que visitamos este venres e sábado no País Vasco. Onte visitamos Bermeo para iniciar dende alí unha ruta ata San Juan de Gaztelugatxe, un total de 18 km. Pola tarde visitamos o Xeoparque da Costa Vasca, que é un pequeno territorio de costa e montaña nos municipios de Deba, Mutriku e Zumaia, na que destaca o Flysch (unha formación de capas de rochas sedimentarias), toda unha fonte de información biolóxica e xeolóxica. 


Hoxe visitamos as covas de Ekain, tanto a réplica como a entrada da tradicional, que ten gravados de arte rupestre dos cazadores-recolectores do Paleolítico. E tivemos tamén un divertido obradoiro sobre lume, caza e pintura. O peor do día... o retorno despois de comer!