DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este ano preparamos durante todo o segundo trimestre, dende xaneiro, o día da Muller traballando sobre diferentes mulleres relevantes ao longo da historia en diversos ámbitos: arte, ciencia, activismo social, etc. e cada un de nós creou unha fofucha para ter presentes a todas estas mulleres no noso centro, mulleres que son un exemplo das moitas que ao longo da historia quedaron silenciadas ou invisibilizadas pero que foron fundamentais para o avance da sociedade. O mesmo día 8 as profes fixeron folga a favor da loita por unha igualdade real entre homes e mulleres que temos que ter presente ao longo de todo o ano e pola tarde todos os nenos e nenas de Primaria traballamos os esterotipos de xénero coa película "Brave".