RECOLLEMOS O 1º PREMIO GSD EN MADRID

O luns 4 de febreiro o profe de Educación Física do pasado curso 17-18 e a directora Rocío fixeron uns cantos kilómetros para recoller orgullosos o premio GSD que se entregou no Teatro Luchana de Madrid. Foi todo un orgullo presentar diante de tantos centros educativos de toda España o estupendo traballo realizado ao redor do documental "Dende o noso" por parte do profesorado e alumnado do centro, contando coa colaboración das familias e implicación da comunidade. A xente valorou e coincidiu en resaltar o respecto co que se traballou coa xente que participou no documental e o agarimo co que se recolle e presentan os elementos paisaxísticos, cun gran valor etnográfico.