PLANIFICAR O TEMPO DE ESTUDO: ELABORAR UN HORARIO PERSOAL

Para organizar mellor o voso tempo é moi útil elaborar un horario semanal en función da dificultade das materias e tendo en conta os seguintes consellos:

- Reserva sobre 2 horas diarias para tarefas, repasos e estudo persoal. Reserva tamén un tempo libre para o ocio.
- Intenta ser realista e non poñer no horario máis cousas das que podes facer.
- Estuda todos os días e ás mesmas horas, axudarache a crear hábito.  
- O tempo para cada materia dependerá do fácil ou difícil que che resulte estudiala. Non adiques demasiado ás que che resulten máis sinxelas ou ás que che gusten máis.
- Organiza cada sesión en 3 bloques:

BLOQUE 1: 45 min aprox.
Comeza cunha materia de dificultade media ou unha non moicomplicada para ir "quentando motores". Fai un descanso de 5-7 minutos. 

BLOQUE 2: 45 min aprox.
Segue co máis difícil ou co que requira máis esforzo, xa que estamos a pleno rendemento. Podes facer un descanso duns 10 minutos. 

BLOQUE 3: 30 min aprox. 
Finaliza co máis sinxelo, o que máis che guste e menos traballo che custe. 

Esta distribución adaptase á curva da fatiga ou de concentración:

E ademais ten moi en conta:

- Ollo cos descansos longos, pérdese concentración.
- Non deixes todo para o final, leva as cousas ao día.
- Se non tes tarefas fai repasos do explicado.
- Mantén 8-9 horas de sono e descansa despois de comer e de facer deporte intenso.