Saída a Padrón

Este luns tivemos a primeira saída do curso co alumnado da ESO. Vsitamos Padrón, terra de grandes referentes literarios da nosa terra coma Rosalía de Castro ou Camilo José Cela. Alí visitamos un par de Igrexas, o "Pedrón" no que se amarrou a barca do Apóstolo Santiago, camiñamos un pequeniño tramo do camiño de Santiago entre Escravitude e Padrón... e sobretodo, disfrutamos dun marabilloso día de convivencia!