Seguimos coas actividades do Erasmus!!

No primeiro trimestre arrancamos coas actividades do Proxecto Erasmus xunto coas escolas Portuguesa e Italiana. 

Celebramos xuntos unha asemblea, conmemoramos o Día Contra a Violencia de Xénero, fixemos vídeos de presentación e organizamos un concurso para seleccionar o mellor logo que represente o noso proxecto. Este foi o elexido

Agora continuamos neste segundo trimestre con máis actividades. Preparando a visita das escolas italiana e portuguesa a Pedrafita entre o 21 e o 27 de marzo. Conmemoraremos o Día da Paz nunha videoconferencia con Miguel, o papá de Martín, membro da ONG Hospitaleros sin Fronteras. O alumnado está xa a traballar nunha indagación sobre a Historia do Camiño de Santiago en Italia, Portugal e España. Tamén na elaboración de consellos a ter en conta antes de facer o Camiño e na realización duns entrenamentos para prepararnos físicamente.

Para seguir as novas e ver todo o traballo que está a facer o alumnado podedes acceder directamente á web do proxecto pinchando sobre a icona da marxe dereita: