DIA DA BIBLIOTECA

Mañá venres 24 de outubro celebraremos o día da Biblioteca no noso cole. Presentaremos os nosos libros favoritos e despois veremos unha película pola tarde "El guardián de las palabras" cunha interesante historia que se desenvolve nunha misteriosa biblioteca. Ollade o tráiler e a reseña cinematográfica:

INICIO DA XORNADA PARTIDA DE OUTUBRO ATA MAIO

01/10/2014 10:30
Atlantic/Bermuda

 

Recordámosvos que o mércores día 1 de outubro, e ata o 31 de maio, empezamos coa xornada partida de 10:30 a 17:15 agás os luns, en que a saída será ás 14:30 despois do comedor.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE INICIO DE CURSO 2014-2015

29/09/2014 15:00
Atlantic/Bermuda

 

A reunión será o luns 29 de setembro ás 15:00 horas na aula de Informática na planta baixa do colexio enfrente a Secretaría. Despois cada titor/a continuará na súa aula.

RESULTADOS DA ENQUISA SOBRE O USO PROBLEMÁTICO DE INTERNET ENTRE OS ADOLESCENTES

O valedor do pobo remitiu ao Centro os resultados da enquisa cuberta de forma anónima polo alumnado de ESO no mes de maio. O informe completo pode consultarse no centro.
RESUMO:

INICIO DO CURSO 2014-2015

As clases para Educación Primaria e Infantil iniciaranse o mércores 10 de setembro e para Secundaria o luns día 15 en horario de 10 a 15 horas. Os servizos de transporte e comedor funcionarán dende o inicio das clases. O 1 de outubro terá inicio a xornada de mañá e tarde. Moito ánimo e a traballar!! Esperamos que disfrutarades do verán! Vemonos nuns días. 

HORARIO SETEMBRO 1º-4º ESO

Aínda que pode haber algunha modificación aquí están os horarios para o curso 2014-15 de ESO.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2014-15

Distribuir contido