FESTIVAL FIN DE CURSO

Como din os nosos presentadores Dani e Uxía, ninguén pensaba en que fose posible ter este día, pero o traballo e a responsabilidade de familias, nenos, nenas e profesorado fixo real un festival de fin de curso que permitise poñer un final especial a este curso tan difícil para todos e todas.

Comezamos co prólogo á comedia en 5 actos e un morto "Saúde, diñeiro e amor", que vos deixamos ao final desta entrada case completa. No prólogo lembramos moito a David, que non puido acompañarnos, pero que tivemos moi presente! O seu papel foi asumido por Sara, a profe de Lingua e Literatura Castelá que foi un gran descubrimento para a interpretación!

Contamos con actuacións musicais, guiadas sempre polo profe Julián que actuou coas guitarras e 2º ESO e coas rapazas de Primaria, Laura e o seu acordeón. Escoitade as súas voces...

Tivemos poemas, unha gran novidade dos rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º de Primaria.
Tamén tivemos bailes, infantil e a rapazada de 4º, 5º e 6º moveron os nosos esqueletes ao ritmo de Uxía Lambona (Muxía) e Bruno Mars e a súa Lazy Song.
 
E sobre todo tivemos moitas emocións, tocou despedidas, Sonia, Rocío e as nosas rapazas de 4º de ESO que inician nova andadura... non temos palabras para describir o final do festival pero resúmese en agarimo, escoita e nos centos de momentos que compartimos aprendendo e medrando! 

E aquí vos deixamos a fantástica obra teatral... desfrutade destes trociños! Un bo inicio para o verán!!! E non podemos despedirnos sen dar as GRAZAS ao profesorado, ás familias e sobre todo aos nosos peques, rapazas e rapaces, SEN VOS... ESTE CURSO NON SERÍA POSIBLE!!!