SAÍDA DE FIN DE CURSO DE PRIMARIA


Nun curso coma este, nos que os nosos nenos e nenas foron VALENTES E EXEMPLARES, no que renunciamos ás nosas habituais excursións non podiamos despedir este ano sen unha homenaxe para eles e elas. As Médulas (León) foron o escenario elexido para o noso día especial, unha impresionante paisaxe resultado das explotación auríferas romanas, explotación a ceo aberto. Esta zona non foi escollida ao chou senón que eran terras nas que a forza da auga era suficiente para canalizar e embalsar na parte superior, de forma que a forza da auga desfacía a montaña e arrastraba as terras auríferas ata os lavadoiros onde se filtraba.

O lago de Carucedo, formado polo taponamento do val cos despoxos da mina, foi o lugar de descanso para comer e para poder xogar un pouquiño neste entorno tan bonito e á sombra, despois dos 30 e moitos grados da nosa camiñata da mañá.
Unha vez recuperadas forzas dirixímonos ao Castelo de Cornatel, no que gozamos das mellores vistas do Bierzo, sacamos unhas fotos das vistas de infarto e tomamos un pequeno refrixerio antes de regresar a casa. Grazas a todos e todas por facer posible o que non pensabamos fai 10 meses!