ETAPA DO CAMIÑO "CEBREIRO-TRIACASTELA" COA "NEVADA DO CUCO"


Din que para unha boa camiñata o mellor é un tempo fresquiño, polo que escollimos o día en que as nosas paisaxes se tinguiron de novo de branco coa esperada "nevada do cuco" para facer unha das etapas do Camiño de Santiago, O Cebreiro (aínda que nos o empezamos en Pedrafita porque nos parecían poucos kilómetros) ata Triacastela onde nos esperaba Manolo co seu comodísimo bus ou iso nos pareceu despois de 27 km.
Coas explicacións de Javi visitamos as Igrexas Santa María a Real do Cebreiro, Santo Estevo de Liñares, Hospital da Condesa e San Juan de Fonfría. Como sempre despertou a nosa curiosidade sobre restauracións, estructuras, materiais e outras curiosidades destas igrexas como o cambio de tipo de confesionario para protexer aos confesores e confesoras aos pechados que coñecemos hoxe en día.
Non quedaban moitas partes do corpo que non nos doesen pero os contos, as vistas, as risas,... compensárono todo!