TI SI QUE ES UN BO PEIXE


Hoxe tivemos a segunda actividade do Plan Proxecta "Aliméntate ben" de forma presencial. Despois de todas as receitas con peixes que aprendimos, o que nos fañtaba era aprender máis sobre peixes. Hoxe aprendimos que as sardiñas son esenciais á hora de obter enerxía e tamén riquísimas á brasa. Atopamos no potasio unha simililude entre o plátano e a pescada. Así como o agrademento que os nosos ósos e dentes teñen co lenguado, polo potasio que nos aporta, sen esquecer todos os aportes dos mariscos á nosa dieta. Encantounos escoitar as curiosidades que nos ensinaron a distinguir nécoras macho e femia, a cantidade de ollos que pode ter unha nécora... a diferencia entre pesca de arrastre, de cerco ou con gancho. O máis divertido foi o peche con baile, podedes comprobalo no vídeo!