O CAMIÑO QUE NOS UNE


“Loita cada día polo que soñas cada noite”. Ista é a frase que podría resumir a actividade que tivemos a oportunidade de realizar con Lara Balseiro. A actividade consistíu na relación dos valores entre o deporte e o camiño de Santiago, polo que quén mellor que unha deportista de élite do mellor equipo de fútbol sala feminino do mundo para iso. A charla comezou co rexidor Anxo, que realizou ó noso alumnado preguntas referentes ó camiño de Santiago relacionadas coa cantidade de persoas que o fan cada día, cantas salen desde Sarria, cantas desde Pedrafita, etc. Logo desta introducción, comezou a charla de Lara Balseiro, que nos fixo un repaso da súa vida explicando todas as barreiras coas que tivo que loitar (desigualdade, comentarios machistas, ter que desprazarse da súa cidade para buscar un equipo feminino, etc.). Este proxecto combina tres eixos fundamentáis na vida desta xogadora de élite que son: o camiño de Santiago, ser muller e a igualdade e o deporte. Logo de explicar a importancia destes tres contidos no seu desenvolvemento como deportista, terminou falando da importancia dos valores que comparten o camiño e o deporte: constancia, alimentación, descanso, esforzo… Toda unha historia baseada nos valores. Puidemos terminar esta gran actividade realizando preguntas algo máis persoais a este gran icono do deporte. Moitísimas gracias á Asociación Amigos do Camiño de Santiago e, especialmente, a Lara Balseiro.