PRESENTACIÓN SOBRE 1ºs AUXILIOS DAS ALUMNAS DE 4º ESO

“Profe: Paula mareouse, "que fago?”, “profe: Sofía fíxose dano no pulso patinando, é mellor frío ou calor?”… como todos e todas sabemos, nos centros escolares poden xurdir un sinfín de imprevistos relacionados cos 1ºs auxilios, polo que canto mellor formados e preparados teñamos ao noso alumnado, máis tranquilos poderemos estar, tanto nós, coma eles, así como as familias. Ademais, é moi importante dotar de ferramentas e protocolos básicos de actuación ao noso alumnado por calquera situación que poidan vivir nas súas casas, convivindo con persoas maiores ou irmáns de curta idade que podan facerse dano fácilmente.
O pasado luns 25 de xaneiro, as alumnas de 4º realizaron unha exposición dos principais protocolos de primeiros auxilios e protocolos de actuación; dita charla realizouse para todo o alumando da ESO e para os profesores que asistiron á mesma. Puxeron exemplos prácticos de actuación para: accidentes deportivos, lesións frecuentes, mareos ou pérdidas de coñecemento que poden ser habituáis nas clases, sobre todo, de EF; así como tamén explicaron o algoritmo do SVB (Soporte Vital Básico) e a cadena de actuacións a levar a cabo en caso de accidente máis grave e necesidade de reanimación cardio pulmonar (RCP).
Tras 30 minutos aproximados de exposición e explicacións, realizouse un turno de preguntas que deu lugar a comentar algunhas actuacións máis concretas e a profundizar en algún aspecto como a colocación na postura “antishock” dunha vítima ou a correcta realización da maniobra de Heimlich en persoas embarazadas ou bebés.
Noraboa ás alumnas de 4º polo traballo realizado e as labores de investigación de estudos relacionados sobre a Posición Lateral de Seguridade e a Maniobra Frente Mentón, así como pola implicación persoal.