FESTIVAL DE NADAL 2020

Comezamos o curso pensando que este momento non sería posible, pero acabamos o primeiro trimestre e foi unha realidade, celebramos o festival de Nadal! Diferente si, pero feito co mesmo agarimo, coa mesma ilusión ou incluso máis que outros anos. Foi posible grazas ao traballo de todos e de todas: o noso organizador Benjamín, a nosa presentadora Sara, Gabriel que é polivalente, Javi como compositor, músico e solista, Jullián coa cámara e a guitarra, os titores e titoras no seu papel de coreógrafos e ata decoradores, Adrián outro dos nosos talentos compositores, Marisa coa parte histórica e teatral e así ata o infinito. 
Comezamos a xornada coa recollida das Cartas a Papá Noel, Apalpador, Reis Magos,... que foron recollidos polo noso Papa Noel inmellorable e as súas e elfas que tivo a paciencia de falar con todos os nosos rapaces e as nosas rapazas por se alguén esquecera calquer detalle na súa carta. Quedamos sen palabras...!!! Non podemos agradecer o traballo da nosa Papa Noel e as súas elfas!
As rapazas e rapaces de ESO tiveron o tradicional concurso de cancións que Javi organiza con toda a ilusión do mundo, este ano coa temática BSO, mentras o resto do alumnado ensaiaba as súas actuacións estelares. Así ás 12 da mañá deu inicio no polideportivo do centro o Festival de Nadal. A nosa profe Sara foi unha presentadora inmellorable que deu paso a cada unha das nosas actuacións, comezando polo alumnado de 4º a 6º de Primaria que fixo a súa propia versión da canción dos Beatles Obladi-Obladá con toques moi de nadal e cun ritmo contaxioso.

Despois os rapaces e rapaza de 2º de ESO tocaron a panxoliña "Canto de Nadal" co profe Julián e coas guitarras que este ano substitúen as frautas! Xulgade se por sorte ou non...

Detrás chegaron os peques de 1º a 3º de Primaria coa súa panxoliña "A árbore de Nadal" e un "atrezzo" de luxo.


Non podía faltar o tradicional coloquio en latín de Javi coa rapazas de 4º de ESO, breve pero expresivo!

As estrelas do festival chegaron a continuación, os peques de infantil que estiveron "Buscando unha estrela", atoparíana?

Laura e Sofía, coa axuda de Marisa, quixeron poñernos un pouco en contexto e que aprendésemos algo de historia, pedindo axuda a Teodisio para que quedara máis claro.


Os rapaces e rapazas de 4º a 6º quixeron volver a pisar o escenario, esta vez acompañados do profe Adrián para interpretar a "Panxoliña Novoneira".

A actuación estrela foi a panxoliña "Pastores do colexio" adaptada por Javi e coa música de Gabriel, Javi e Benjamín e as voces de todo o profesorado e alumnado de ESO, aínda que non todos/as tiveron valor para pisar o escenario. O ritmo era contaxioso!

E o broche final foi con música e baile, "Desastre con Longarela" levaba por título para despistarnos, porque o resultado foi espectacular.


Finalizamos coa entrega de premios. Este curso tiramos a casa pola ventá: aos participantes, aos gañadores do concurso de postais por clases, ... 
Despois dunha mañá con tantas emocións só quedaba recuperar forzas cunha boa comida, aínda que botamos de menos os "pinchos de nadal!, antes de pasar a unha tarde de cine. 
Bo Nadal para todos e todas! Bo traballo, toca repoñer forzar para vernos o luns 11 de xaneiro!